Actividades 2019/2020

Monster Collection 1

Monster collection I

Os integrantes do Club de Manga, como  se fixo no curso pasado,  continúan lendo libros distintos para recomendarlles aos outros membros do Club e comentárllelos.

Crónicas del asesino de reyes

Crónica del asesino de Reyes                 Patrick  Rothfuss

 

Crónica del asesino de Reyes é unha triloxía de novelas do xénero fantástico escrita por Patrick  Rothfuss.

Nela nárrase a vida de  Kvothe,  aventureiro,  arcanista e músico famoso. A trama está dividida en dous tempos diferentes: o presente, no que  Kvothe lle conta a súa historia a Cronista, e o pasado, no que se desenvolve a maior parte da acción.

A día de hoxe só dous dos tres libros foron publicados, e a data de publicación do terceiro está sen concretar.

Lecturas de Nadal

     Coma noutras ocasións por estas datas, despedimos o ano facendo cos grupos de 1º da ESO unhas lecturas colectivas  relacionadas coa temática do Nadal; foron textos de distintas procedencias e autores, e ambientados en distintas épocas.

     Demos lectura desta vez aos seguintes textos, seguindo unha orde cronolóxica que serviu un pouco para ver circunstancias distintas desta festa, dos costumes, dos cambios da sociedade a través dos personaxes...:

- O relato Vanka de Chejov

- Unhas adaptacións dramatizadas dos contos A vendedora de mistos de Andersen e d´O príncipe feliz de Oscar Wilde

Un conto de Nadal de Agustín Fernández Paz

- El regalo de Ray Bradbury

     Por razóns organizativas relacionadas coas sesións de avaliación, as Lecturas de Nadal non se puideron levar a cabo na biblioteca, senón que foron cos distintos grupos en cadansúa aula.

Álbum: Curso 2019/2020 -> Lecturas de Nadal

Resolución do IV Concurso de Microrrelatos Fantásticos e de Terror

     


     Nesta nova edición do concurso convocado pola biblioteca arredor da festa de Samaín e Defuntos, resultou gañadora a alumna Noelia Carollo Abelaira, de 4º B. 

     O seu microrrelato titúlase Derradeira noite.

Bajarse al moro

Bajarse al moro  J. L. Alonso de Santos

Esta obra teatral, publicada en 1885 polo dramaturgo español José Luis Santos, narra a vida dun policía, (Alberto), un artesán (Jaimito) e a súa curmá (Chusa) e a súa relación coa droga, e como o encontro cunha fermosa moza terá consecuencias na rutina deste grupo.

Persoalmente resultoume un libro moi ameno e de fácil lectura e comprensión. Ademais, aínda que é breve, dános unha clara percepción do que é estar metido no estraperlo, nas drogas e os diversos sentimentos que causa: egoísmo, medo…

Ao final do libro preséntase a opinión do autor de forma sutil sobre a sociedade e outros asuntos relacionados que che fan pensar, algo que tamén me chamou bastante a atención.

 

A Velliña vella

 

 A Velliña Vella    Vicente Risco

“A Velliña Vella”  é un relato escrito polo ourensán Vicente Risco publicado en 1925 na revista Céltiga, de Bos Aires. Pertencente á Época e á Xeración Nós, na súa obra sempre había intención didáctica de cara a amosar os seus pensamentos filosóficos e políticos, neste texto máis que noutros.

 

O tema é a visión do escritor sobre os problemas que está a padecer Galicia nese momento e o desamparo no que se atopa. Aborda este asunto a través dunha vella, con características atribuíbeis á súa Galicia soñada, que lle expón os seus problemas a catro dos seus fillos (que somos todas e todos os galegos) e mais ao escudeiro Pai Soares, co que se atopa ao principio e á fin do relato.

 

Este primeiro e último é un celta agochado na historia do noso país que sae da súa cova (dolmen) co obxectivo de emprender a súa romaxe (peregrinación) cara á igrexa cristiá de Santo André de Teixido, o maior símbolo de peregrinación de Galicia despois da propia catedral de Santiago de Compostela, pois “a San Andrés de Teixido vai de morto quen non foi de vivo”.

Conta a Verne noutras linguas

       

        Os tradutores de Verne tiveron a ben ler para todos nós unha parte dos textos que verteron a outras linguas. Así, podemos escoitar nesta gravación un anaquiño do capítulo "A baía de Vigo" da famosa novela do autor Vinte mil leguas baixo dos mares, traducido e lido por alumnado do instituto ás seguintes linguas (ben a partir do francés, do galego ou do castelán):

          Castelán                                 Alemán                                    

          Portugués                               Galego                                     

        Romanés                       Esloveno

        Italiano                         Ruso

Concurso sobre A Táboa Periódica

      Entre os alumnos participantes no concurso sobre a táboa periódica, resultou gañador Iago Gil Vicente, que non tivo erro ningún nas respostas.

Entrega de premio a Iago

       Vémolo recollendo o premio de mans da súa titora e profesora de Física e Química.

Parabéns ! !

 

 

Patinaxe en Samil (1ºESO)

O luns 16 de decembro alumnado de 1ºESO do noso centro asistiu á pista de xeo situada en Samil. Aquí vos deixamos algunhas fotos desta actividade:

Álbum: Curso 2019/2020 -> Patinaxe Samil 1ºESO

Actividades 25N

O grupo de igualdade, coordinado pola profesora Chus Ferrín, organizou as actividades a desenvolver ao longo da semana do 25 de novembro. Un apretado programa, no que se contou coa colaboración de artistas, poetas, cineastas,  o alumnado da ESO, Bacharelato, e as profesoras e profesores do centro.

[Clica aquí para seguir lendo]

Álbum: Curso 2019/2020 -> Actividades 25N
Distribuir contido