Coma noutras ocasións por estas datas, despedimos o ano facendo cos grupos de 1º da ESO unhas lecturas colectivas relacionadas coa temática do Nadal; foron textos de distintas procedencias e autores, e ambientados en distintas épocas.
Demos lectura desta vez aos seguintes textos, seguindo unha orde cronolóxica que serviu un pouco para ver circunstancias distintas desta festa, dos costumes, dos cambios da sociedade a través dos personaxes...:
- O relato Vanka de Chejov
- Unhas adaptacións dramatizadas dos contos A vendedora de mistos de Andersen e d´O príncipe feliz de Oscar Wilde
- Un conto de Nadal de Agustín Fernández Paz
- El regalo de Ray Bradbury
Por razóns organizativas relacionadas coas sesións de avaliación, as Lecturas de Nadal non se puideron levar a cabo na biblioteca, senón que foron cos distintos grupos en cadansúa aula.