Actividades 2020/2021

O Calvario en feminino

     Dentro do plan proxecta, 365 días de igualdade co que estivemos a traballar, co título do "Calvario en feminino", este son dous traballos que fixemos. Foron elaborados polo alumnado e contamos coa colaboración dos departamentos de Música, Tecnoloxía, Educación Física e Plastica.

Contacontos Servando Barreiro

 

O pasado xoves 17 de xuño o alumnado de 3º e 4º da ESO asistiron ao concerto de Servando Barreiro dentro do programa de actividades do EDL. O contacontos fixo un espectáculo que mesturaba música, poesía, anécdotas… sobre diversos temas, entre eles a homenaxeada nas letras galegas deste ano, Xela Arias.

 

Álbum: Curso 2020/2021 -> Servando Barreiro

Concerto de Eladio Santos compoñente de Eladio y los seres queridos.

 O pasado martes 15 de xuño o alumnado de 1º de bacharelato puido desfrutar dun concerto da man de Eladio Santos, antigo alumno do noso instituto.

Eladio comezou a mañá con dúas versións de “No niño do vento” e unha cantiga de Martín Codax, temas do seu disco Cantares. Tamén puidemos escoitar sons máis actuais como “El tiempo futuro” ou “Non quero perderte” do seu disco Están ustedes unidos.

 

Álbum: Curso 2020/2021 -> Eladio Santos

Ruta do río Eifonso

     O xoves 27 de maio, alumnado de Bioloxía de 1º bacharelato A, B, C e G, acompañados por Pablo Samartín, Javier Rey e Pilar Santos, realizou un tramo da ruta do río Eifonso, un fermoso paseo con bosques autóctonos, muíños e hermidas.

Álbum: Curso 2020/2021 -> Ruta do río Eifonso

Visita de Humberto Heredia de Desertores

O mércores 2 de xuño tivemos o pracer de recibir a visita de Humberto Díaz “Heredia”, componente do grupo Desertores. Con el estivemos falando sobre Xela Arias e as cancións que ela compoñía para o grupo, así puidemos ver os temas manuscritos e con correccións da propia poeta.

Ademais, compartimos co guitarrista o traballo de ilustración e transcripción das letras compostas por Xela no primeiro disco que fixo o alumnado de 3º PMAR.

Álbum: Curso 2020/2021 -> Desertores

DÍA ESCOLAR DAS MATEMÁTICAS

O 12 de Maio celébrase o día Escolar das Matemáticas, data que coincide co nacemento de Pedro Puig Adam, insigne precursos da didáctica nas matemáticas.

Para celebar dito día o alumnado do IES realizou unha actividade parecida os scape room, tiñan que traballando de forma colaborativa encontrar o código para abrir a caixa forte.

Lograron abrir a caixa?...

 

Preme aquí para velo

 

Contacontos Inglés-Galego

As linguas de Rosalía e de Virgina Woolf entretecidas por Charo Pita e Patricia McGill para nos relatar unha escolma de historias que nos levaron a tempos e espazos distantes, pero que percibimos moi próximos. O alumnado de 4ºESO puido gozar desta experiencia o pasado mércores 19 de maio.

Álbum: Curso 2020/2021 -> Contacontos Inglés-Galego
Distribuir contido