Os días 8 e 9 de xuño, o alumnado que se incorporará ao noso IES o curso 2022-23 estiveron coñecendo o seu novo centro acompañados das súas titoras e titores. Alumnas e alumnos de música de 3º ESO recibíronos executando varias obras musicais e tras informarlles das normas xerais do centro realizaron unha visita ás instalacións, coñecendo ao persoal e os espazos nos que imos convivir a partir de setembro.
Benvida a todas e todos.