Actividades 2021/2022

Viaxe 4º ESO II

Hoxe, mércores 6 de abril, o grupo achegouse ao Madrid dos Austrias facendo un percorrido dende a Porta do sol, pola Praza Mior o Palacio Real e a Catedral da Almudena. Finalmente visitaron o Museo do Prado.

Pola tarde disfrutaron do musical "Grease" no Novo Teatro Alcalá.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Viaxe 4º Panorámica

Viaxe 4º ESO

O martes 5 de abril comezou a viaxe de estudos de 4º ESO. Despois de dous cursos sen poder viaxar, por fin este ano o alumnado puido volver disfrutar desta actividade que servirá para moitos de despedida do instituto e dos seus compañeiros e compañeiras.

Neste primeiro día percorreron as rúas de Segovia onde puideron ver a catedral, o alcázar e o histórico acueducto romano.

 

Álbum: Curso 2021/2022 -> Viaxe 4º Segovia

Proxecto Terra no IES Castelao

O pasado xoves 31 de marzo o alumnado de 2º e 3º da ESO participou no ProxectoTERRA da Consellería de Educación xunto coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. A actividade "Eu son inspector@ urbanístic@" consistía nun obradoiro interactivo sobre urbanismo centrado sobre a realidade galega e das Rías Baixas, en particular.

 

Álbum: Curso 2021/2022 -> Proxecto Terra

Obradoiro de xenética

Dentro dun ciclo de actividades organizadas pola Universidade durante o mes de marzo en conmemoración do Día da Muller o alumnado de 4º ESO puido disfrutar dun obradoiro de xenética no noso centro.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Obradoiros de xenética

Obradoiros de habilidades sociais

Durante o primeiro e segundo trimestre do curso, o alumnado de 1º e 2º ESO participou en diversos obradoiros de habilidades sociais organizados polo departamento de orientación.

Estes obradoiros son moi ben acollidos pola rapazada e neles aprenden estratexias que melloran a relación entre eles e elas e favorecen a convivencia entre iguais.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Obradoiros de habilidades sociais

Visita ao CUVI

O pasado 9 de marzo o departamento de orientación organizou unha saída para o alumnado de 2º de bacharetao para coñecer a oferta formativa que ofrece o campus de Vigo.

A visita consistiu en tres percorridos diferentes (humanístico-jurídico, tecnolóxico e científico) en función das inquedanzas e itinerarios escollidos no bacharelato e os estudos ofertados pola universidade.

 

Álbum: Curso 2021/2022 -> Visita ao CUVI de 2º bacharelato

Formación do equipo de mediación

Durante o mes de marzo alumnado de 2º e 3º ESO estiveron tomando formación para unirse ao equipo de mediación do centro. Os rapaces e rapazas adquiriron novas habilidades para acompañar ao alumnado que precise dar solución aos conflitos que lles xurdan.

Álbum: Curso 2021/2022 -> Mediación

Premios de "Ponlles cara!"

          Congratulámonos da alta participación, voluntaria ou incentivada polo profesorado -o cal desde aquí agradecemos- no concurso convocado desde a biblioteca para celebrarmos o Día Internacional de Muller.

          Entre os 99 participantes, moitos deles atinaron a relacionar imaxe-feito-identidade das mulleres propostas nesta primeira entrega dunha actividade coa que pretendemos visibilizar algunhas das mulleres que van facendo historia.

          Por sorteo entre os acertantes, resultaron gañadores, na quenda de adultos, Olga Pérez Rodríguez (da ESA) e, en diúrno, Paula Estévez Arias (de 1º Bac-E). Recibirán cadanseu vale de 25€ para libros.

          Parabéns a tódolos participantes, que seguramente coñecen agora algunha muller que antes lles era totalmente allea!

Álbum: Curso 2021/2022 -> Ponlles Cara resolución

Un mundo en movemento

     Ao longo do primeiro e segundo trimestre Médicos do Mundo veu traballando co alumnado de 1º e 3º ESO os dereitos humanos, a igualdade das persoas e a deconstrución de estereotipos, desenvolvendo diversas actividades de sensibilización e concienciación. Clica nas fotos para ver máis imaxes:

21 de marzo: Día da Poesía. 27 de marzo: Día do Teatro

          Con motivo destas celebracións, no comezo da primavera, convidamos e animamos a todo o mundo a ler poesía e teatro. Unha pequena mostra de poesía amósase no vestíbulo do instituto, agarimosamente colocada -coa axuda de Chus Ferrín- repousando sobre flores inmarcescibles para que poidamos ollala, saboreala, gozala... Non perdades a ocasión!

          Algúns grupos de alumnado da ESO acoden estes días á biblioteca para alí leren textos poéticos e fragmentos teatrais para así celebrarmos estas importantes efemérides.

          Nunca máis necesario que nestes tempos intentar amosar e facer valer e apreciar o poder da palabra.

Felices Días da Poesía e do Teatro!

Álbum: Curso 2021/2022 -> Día da Poesía e do Teatro
Distribuir contido