O pasado 9 de marzo o departamento de orientación organizou unha saída para o alumnado de 2º de bacharetao para coñecer a oferta formativa que ofrece o campus de Vigo.
A visita consistiu en tres percorridos diferentes (humanístico-jurídico, tecnolóxico e científico) en función das inquedanzas e itinerarios escollidos no bacharelato e os estudos ofertados pola universidade.