Cursos anteriores

Sorteo de San Valentín

         
          Lucía Pereira resultou a afortunada.

          Dado que este ano se cumpren 75 da morte de MIGUEL HERNÁNDEZ, quixemos empezar a recordalo con algúns dos seus poemas de amor con motivo do día de San Valentín, o 14 de febreiro.

O poema máis votado

          Ao redor de San Valentín organizouse unha votación para escoller un poema de amor de Miguel Hernández.

          O resultado foi o seguinte:

          A xuízo dos 36 participantes, sacando os 9 votos que foron nulos (por non teren nome ou xustificación razoada ou por non indicaren ningún poema entre os posibles), estes resultaron os poemas con máis aceptación:

7 votos: Me tiraste un limón, y tan amargo

Entroido 2017


Clica na imaxe para ver algunhas fotos da celebración do entroido (actualizado o 06/03/2017).

24 de febreiro: Día de Rosalía

                         

          Este próximo venres 24 de febreiro cúmprense 180 anos do nacemento de Rosalía de Castro. Con motivo do seu Día, pódese ver no vestíbulo do instituto información sobre a vida desta muller pioneira,  xunto coa interpretación gráfica feita polo alumnado de 1º da ESO dalgúns dos seus versos.

          E para que na HORA DE LER do mércores día 22 se poidan escoitar as palabras de Rosalía, podedes picar aquí para ler algúns versos seus:

- Un fermoso poemiña dialogado de Cantares gallegos (1863), obra auroral da literatura galega moderna, libro que Rosalía lle dedicaba a "Fernán Caballero" o 17 de maio de 1863.

- O famoso "Negra sombra", pertencente a Follas Novas (1880).

          Deste último podedes escoitar tamén a versión musical de Carlos Núñez e Luz Casal:


Almorzos saudables e saúde bucodental

O 22 de febreiro iniciamos esta actividade que se enmarca dentro do programa da Consellería de Sanidade que pretende que o alumnado se afiance no hábito de almorzar, que siga unha dieta equilibrada e con variedade de alimentos de cara a cubrir as súas necesidades nutricionais e xerar actitudes e motivacións cara o coidado persoal que lles permita un desenvolvemento axeitado. O alumno recibe unha charla formativa e motivacional que se complementa co consumo dun almorzo saudable.

Agradecemos a colaboración do Supermercado Froiz da peatonal (Urzáiz, 225), que nos subministra de balde os produtos que consumirá o alumnado participante, e a da empresa PymesVending, que nos facilita gratuítamente parte da intendencia.
A organización corre a cargo do departamento de Educación Física, colaborando alumnado de 3ºESO, membros da ANPA e profesorado do IES.


Reparto de froita (2ª semana)


Do luns 13 ao venres 17 de febreiro repartiremos froita entre o alumnado da ESO ao abeiro da actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia e a Unión Europea, a través do FOGGA, que pretende fomentar o consumo de froita fresca entre os adolescentes.

Riscos de internet


Os días 9 e 16 de febreiro o inspector do corpo nacional de policía, Luis Alberto Luaces, impartiu charlas sobre os riscos de internet dirixidas a alumnado de 1º e 2º da ESO. Comentou algúns dos problemas cos que lamentablemente se están a atopar nas comisarías co uso  indebido de internet (compartir imaxes, insultos,...). Tamén houbo unha rolda de preguntas na que respondeu a dúbidas que prantexaron os alumnos.

Vídeo do acto de graduación da promoción 2010-2016


Neste vídeo podes ver o acto de graduación da promoción 2010/2016 que celebramos o 27 de maio de 2016.

Día da Ilustración: Miguelanxo Prado

                                      

            Entre os ilustradores actuais destaca sen dúbida a man de Miguelanxo Prado.

          Expóñense no vestíbulo con motivo do Día da Ilustración algunhas obras súas, libros ilustrados por el e mais algunha información arredor do seu traballo.

Distribuir contido