Cursos anteriores

Letras Galegas 2017

Este ano adícase o Día das Letras Galegas  a Carlos Casares. O autor escollido  pola RAG  para a celebración da festa das nosas letras naceu no ano 1941 en Ourense e faleceu o 9 de marzo de 2002 en Vigo. Foi un extraordinario narrador e destacou igualmente como tradutor e xornalista.

Durante  o mes de maio, o Departamento de Lingua Galega e Literatura, en colaboración con outros departamentos do centro, organiza unha serie de actividades dirixidas a todos os alumnos.

Clica na imaxe para ver a programación.

Finalistas do V Certame de Relato Curto

Catro dos nosos alumnos resultaron finalistas no V Certame de Relato Curto da FANPA:

  • Paula Estévez Casales
  • David Fernández Ferreiro
  • Candela Estévez García
  • Tais González Álvarez

Parabéns!

Concurso "Parnaso"

          O venres 28 de abril de 2017 tres alumnos do noso centro participaron no Concurso de Lingua e Literatura Gregas "Parnaso" celebrado en Santiago de Compostela na Facultade de Ciencias da Comunicación.

Visita a Sotavento Sogama e Cova do Rei Cintolo

            Os días 17 e 18 de abril un grupo de alumnos e alumnas de 3ºESO, 4ºESO, 1ºBACH e 2ºBACH, estes últimos da materia de Ciencias da Terra e do Medio Ambiente, participaron nunha saída que tiña como obxectivo coñecer un pouco máis acerca das enerxías renovables.


          Para a SOLAR e a EÓLICA visitaron o encantador parque eólico de Sotavento, onde se "namoraron" da casa bioclimática e domótica, así como da cociña solar. Tamén tiveron a oportunidade de estar dentro dun aeroxerador.

Reparto de froita (3ª semana)

Do luns 24 ao venres 28 de abril repartiremos froita entre o alumnado da ESO ao abeiro da actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia e a Unión Europea, a través do FOGGA, que pretende fomentar o consumo de froita fresca entre os adolescentes.

Programa de actividades do DÍA DO LIBRO


          Clica na imaxe superior para descargar o programa de actividades (pdf) que o departamento de Lingua Castelá e Literatura organiza esta semana para conmemorar o Día do Libro.

"Libremos" o instituto

Libremos o instituto !

       Para celebrar o Día do Libro convidamos a adornar o instituto coas portadas dos nosos libros favoritos.

Ponlle o título ao teu e decórao, se queres. Recórtao ben, sobre todo nos vértices superior esquerdo e inferior dereito e…

Pégao na ringleira de azulexos escuros dalgún corredor.

Exhibición de Taekwondo

          Brais González, profesor de Taekwondo do ximnasio Seungsport, impartiu o 6 de abril unha exhibición/taller dirixida ao alumnado de 4º ESO. No vídeo podes ver algúns momentos da mesma.

Proxecto colaborativo: Siria

          Compartimos este vídeo dun proxecto colaborativo realizado no curso 2016/2017 no que participou o alumnado e o persoal do centro. Foi editado pola profesora Marian e un grupo de alumnos.

Encontros con escritores: Iria Misa


          O venres día 31 marzo ás 9:40h un grupo de alumnos de 3º ESO fomos á biblioteca Xosé Neira Vilas para coñecer a Iria Misa e falar con ela, pois é autora do libro "Xa non estou aquí" que acabamos de ler.
 
         Antes de comezar, o seu marido, que tamén estaba alí, repartiu uns carteis con caras de persoas desaparecidas en Galiza e preguntounos que criamos que lles pasara. No caso das mulleres, o que nos pasaba pola cabeza eran violacións ou maltrato machista; no dos homes, suicidios ou simples desaparicións.

Distribuir contido