Cursos anteriores

Viaxe de fin de curso de 4º ESO


          Clica na imaxe superior para ver algunhas fotos da viaxe de fin de curso que realizaron alumnos e alumnas de 4º ESO a Barcelona.

Entrega premios gañadores Certame Letras Galegas 2017


A semana pasada fixémoslle a entrega dos premios aos gañadores do Certame das Letras Galegas 2017. Os premios foron aportados pola ANPA do IES Castelao.

Premiados do II Concurso O Ollo de Vidro



Clica na imaxe para ver o dictame do xurado. A entrega de premios terá lugar o 21 de xuño ás 19:00 na Biblioteca Neira Vilas. Parabéns aos galardoados!

Entrega de notas 2º bacharelato


Clica na imaxe superior para ver as fotos de 2º bacharelato na entrega de notas na aula.

Xogos populares (maio 2017)


A semana pasada organizouse unha nova edición da actividade de "Xogos populares" na que participou alumnado de varios cursos. Os xogos foron cedidos polo Concello de O Grove.

Viaxe a Ponte de Lima e Braga


O venres 26 de maio un grupo de alumnos de humanidades realizaron unha viaxe a Ponte de Lima e a Braga, participando no Bracara Romana e visitando distintos edificios e restos arqueolóxicos.

Conferencia de Damián Villalaín

Clica na imaxe para ver máis fotos da conferencia de Damián Villalaín sobre Carlos Casares celebrada na EOI de Vigo o día 9 de maio á que aistiu alumnado deste IES.

Actuación de Serafín Marcos

Clica na imaxe superior para ver máis fotos da actuación de Serafín Marcos o día 12 de maio en homenaxe a Carlos Casares.

Gañadores do Certame das Letras Galegas 2017




MODALIDADE DE POESÍA

 
1º Premio: David Fernández Ferreiro, de 2º Bac D, por "Recordos na noite"
 

2º Premio: Hernán M. Comesaña, de 1º  Bac C, por “Faíscas da lira”.
 
Debido á calidade dos traballos presentados, o Xurado decidiu conceder nesta modalidade, ademais do 1º e 2º premio, un  accésit a María Álvarez, de 1º ESO A, por “Xa non quero lembrar”.
 
MODALIDADE DE NARRATIVA
 
1º Premio: Paula Estévez Casales, de 2º Bac A, por "Venus".
 
2º Premio: Tais González, de 3º ESO A, por "Na primeira viaxe".

PARABÉNS!

Distribuir contido