Cursos anteriores

Visita ao buque oceanográfico Ángeles Alvariño

O 15 de marzo un grupo de alumnos de 4ºESO visitou o buque oceanográfico Ángeles Alvariño do Instituto Español de Oceanografía. Os nosos alumnos tamén tiveron a oportunidade de percorrer unha exposición sobre as actividades de prospección científica que se desenvolven neste buque.

Taller de hipopresivos

O pasado día 24 de marzo, Esperanza Fonseca, do Gimnasio Seungsport, impartiu un taller de hipopresivos aos alumnos de anatomía aplicada de 1º de Bacharelato.

Tras un recordatorio anatómico da franxa abdominal pasou a explicar someramente a técnica para realizar os hipopresivos. Tamén resumiu as vantaxes que obterían ca súa práctica habitual.

28 de marzo: 75º aniversario da morte de Miguel Hernández

                                                                                                                                                                                

     Continuamos recordando a Miguel Hernández; nesta ocasión podemos ver exposto no vestíbulo parte do traballo sobre esta figura da literatura española levado a cabo por un grupo de alumnas de 4º A.

     A súa tarefa tamén incluía o comentario das famosas "Nanas de la cebolla", que ofreceron na clase aos seus compañeiros -ao expoñeren o traballo- na versión musicada por Serrat.

27 de marzo: Día do Teatro

      Dado que o 27 de marzo se celebra o Día do Teatro (así como o día 21 foi o Día da Poesía), desde a biblioteca non queremos deixar pasar a ocasión sen dedicarlle unha atención especial  con estas pouquiñas sesións de lecturas:

      Grazas a unha iniciativa da UNESCO este día foi creado en 1961 polo Instituto Internacional do Teatro (ITI), organización internacional non gobernamental no dominio das artes escénicas.
     Fíxase o 27 de marzo porque era o día no que se inauguraba en París o festival “Teatro das Nacións, ITI, UNESCO” que reúne a representantes de todos os países do mundo.   


     O teatro emociona, alumea, incomoda, perturba, alporiza, revela, provoca, transgrede. É unha conversa compartida coa sociedade. O teatro é a primeira das artes en se confrontar coa nada, coas sombras e mais co silencio para que xurdan a palabra, o movemento, as luces e a vida.


     Tense anunciado desde sempre a morte do teatro, especialmente despois de apareceren o cine, a televisión e os novos medios. Mais…

      O teatro sempre estivo e sempre permanecerá [Anatoli Vassiliev, Rusia]

21 de marzo: Día da Poesía

           Gloria Fuertes naceu o 28 de xullo de 1917. Celébrase este ano o centenario do nacemento desta poeta, que foi moito máis que poeta para nenos: vanguardista, rebelde,  impulsora da palabra e da poesía, defensora da cultura e da alfabetización, loitadora contra a discriminación e a inxustiza, poeta social... poeta "de guardia" como se chamou a si mesma.


                                           21 de marzo: Día da Poesía

AUTOBIOGRAFÍA

Gloria Fuertes nació en Madrid
a los dos días de edad,
pues fue muy laborioso el parto de mi madre
que si se descuida muere por vivirme.

XVII Festival de Teatro Grecolatino

          O 16 de marzo alumnado de 4ºESO e Bacharelato do noso centro asistiu ás representacións do XVII Festival de Teatro Grecolatino en Ourense. Pola mañán viron a representación da traxedia "Hécuba" de Eurípides e pola tarde asistiron á representación da comedia  "Pseudulus" de Plauto. Clica na imaxe superior para ver máis fotos da actividade.

Pierre de Coubertin y el Movimiento Olímpico: valores y símbolos



          O xoves 9 e o venres 10 de marzo contamos coa presencia do Presidente da Academia Olímpica Española (AOE), Conrado Durántez, que impartiu dúas charlas invitado polo departamento de Educación Física en colaboración co Centro de Estudios Olímpicos da Universidade de Santiago de Compostela.

8 de marzo: Día Internacional da Muller

         

          UN POUCO DE HISTORIA

          O 8 de marzo celébrase en todo o mundo desde 1977 o Día Internacional da Muller. Conmemórase tamén desde as Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países.
          O Día Internacional da Muller refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita plurisecular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home.

[Clica aquí para seguir lendo]

Visita a Ourense e Trasalba


          O martes, 7 de marzo, un grupo de cincuenta e catro estudantes de 2º de bacharelato do IES Castelao, acompañados de 3 profesores dos departamentos didácticos de Lingua Galega e Lingua Castelá,  fomos de excursión a Ourense e a Trasalba para realizarmos o roteiro d’A esmorga, na cidade das Burgas, e visitarmos a casa museo de Otero Pedrayo no lugar de Cima de Vila en Trasalba, concello de Amoeiro.

[Clica aquí para seguir lendo]

Debuxando soños

No vestíbulo podedes ver traballos de ilustración realizados por alumnado de 4º ESO en Plástica a partir de tres poesías das cales había que elixir unha.

Distribuir contido