Cursos anteriores

Día da Ciencia en Galicia


No vestíbulo expóñense estes días carteis divulgativos sobre D. Ignacio Ribas Marqués, a quen este ano a Real Academia Galega de Ciencias decidiu homenaxear con motivo do Día da Ciencia en Galicia.

Coñece a túa biblioteca - 1º ESO

Coñece a túa biblioteca

 
     Ao longo da última semana de setembro os grupos de 1º da ESO tiveron a oportunidade de visitar a biblioteca do centro para coñecela, saber como funciona, tomar contacto coas súas normas, coñecer os fondos de que dispón, as actividades que se poden desenvolver nela...

Mellores expedientes



O pasado 30 de xuño tres dos nosos alumnos participaron no acto de recoñecemento organizado pola USC.

Visita ás Cíes


O luns 20 de xuño alumnos de 1º e 2º da ESO visitaron as illas Cíes. Realizaron rutas guiadas por un grupo de alumnos e alumnas de 4ºESO.

Navega con Rumbo


O pasado 18 de maio os alumnos de 1ºESO participaron nunha interesante charla impartida por Daniel Medina ao abeiro do programa "Navega con Rumbo" organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e a Xunta de galicia.
Clicando aquí podes acceder ao material empregado para acompañar a actividade.

Finalistas IV Certame Relato da FANPA


Parabéns a Genoveva e Tais

   O IES CASTELAO quere felicitar as alumnas Tais González  e Genoveva Longueira, de 2º da ESO B, por quedaren finalistas no IV Certame de Relato Curto convocado pola FANPA, a Federación de ANPAS da provincia de Pontevedra. A este certame, que vai xa pola cuarta edición, presentáronse  máis de 700 relatos procedentes  dos  centros escolares de Galicia.

Fotos graduación 2º bacharelato

Clica na imaxe superior para ver algunhas das fotografías (cortesía de Vilux Fotografía) do acto de graduación de 2º de bacharelato que celebramos o pasado 27 de maio.

O cerebro. 15W de potencia


O 7 de xullo un grupo de alumnos e alumnas da eso e do bacharelato acudirón ó espectáculo científico "O cerebro. 15W de potencia" organizado pola Fundación Barrié.

Distribuir contido