Clica na imaxe para ver algunhas das fotos da viaxe de fin de curso a Barcelona dun grupo de alumnos de 4º da ESO.
O pasado 30 de maio, o alumnado de 1º bacharelato A, E e 4º de PDC viaxou ata Celanova para coñecer a vida e obra de dous ilustres escritores nados nesta vila: M. Curros Enríquez e Celso E. Ferreiro. Os alumnos estiveron acompañados polas profesoras Carme Liz e Gloria Paredes e, ademais, contamos coa compañía de Lucía Cerdeira, profesora do centro e titora de 1º Bac A ata xaneiro deste ano en que se xubilou. Se queres ver algunhas fotos da viaxe, preme na imaxe.
Preme na imaxe para ver máis fotos do acto de entrega dos premios do concurso Recoméndocheunlibro.
O pasado día 19 de maio tivemos a sorte de contar no noso centro coa presenza de Manuel Veiga Taboada, xornalista e premiado escritor que acaba de publicar varios libros sobre a figura de Manuel María. Da vida e obra deste autor faloulles aos nosos alumnos de 2º da ESO.
Que Manuel María? Esta curiosa pregunta daba título ao espectáculo, protagonizado polo profesor Serafín Marcos, que se desenvolveu no salón de actos do centro o 13 de maio. Coa finalidade de profundizar neste persoeiro, Serafín Marcos foi contando ao noso alumnado de 1º de bacharelato, a través de divertidas escenas, aspectos da vida e obra do autor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas.
Preme na imaxe para ver o ben que o pasaron no espectáculo.
O 12 de maio realizamos no IES Castelao unha pequena homenaxe a Manuel María, autor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas, a festa das nosas Letras.
Nesta celebración, que se desenvolveu no salón de actos do centro, alumnos da ESO leron poemas, relatos, artigos e fragmentos das obras máis representativas do autor homenaxeado, intercalando estas lecturas con distintas pezas musicais (xota, muiñeiras…) interpretadas por alumnos de 1º de Bach e de 3º da ESO, baixo a dirección de Ana Rubio, profesora de Música do centro.
Podes acceder ás fotos do acto premendo na imaxe.