Manuel María visto por Manuel Veiga

Preme para ver a foto ampliada

O pasado día 19 de maio tivemos a sorte de contar no noso centro coa presenza de Manuel Veiga Taboada, xornalista e  premiado escritor que acaba de publicar varios libros sobre a figura de Manuel María. Da vida e obra deste autor faloulles aos nosos  alumnos de 2º da ESO. Contounos como foi  a súa relación con Manuel María, ao que coñeceu, e explicou algunhas das características da súa poesía, teatro e narrativa. Rematamos o acto coa lectura dunha escolma de textos na que tamén participaron algúns alumnos.

Preme na imaxe para ver fotos do acto.