O 12 de maio realizamos no IES Castelao unha pequena homenaxe a Manuel María, autor ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas, a festa das nosas Letras.
Nesta celebración, que se desenvolveu no salón de actos do centro, alumnos da ESO leron poemas, relatos, artigos e fragmentos das obras máis representativas do autor homenaxeado, intercalando estas lecturas con distintas pezas musicais (xota, muiñeiras…) interpretadas por alumnos de 1º de Bach e de 3º da ESO, baixo a dirección de Ana Rubio, profesora de Música do centro.
Podes acceder ás fotos do acto premendo na imaxe.
Dende o Departamento de Lingua Galega e Literatura felicitamos os alumnos que participaron nesta homenaxe pola súa entrega e magnífica actuación.