Cursos anteriores

O Merdeiro vigués

 

P1050641.JPG

Coma outros anos, a principios de febreiro volveu visitar o noso centro o personaxe do entroido vigués por antonomasia: o merdeiro. Este curso foron os alumnos de 1º ESO C  os que asistiron á charla que Hadrián e Adriana, do EDNL do Concello de Vigo,  impartiron sobre a orixe, vestimenta  e as actividades propias deste personaxe.

Reparto de froita (2ª semana)

Do luns 15 ao venres 19 de febreiro repartiremos froita entre o alumnado da ESO ao abeiro da actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia e a Unión Europea, a través do FOGGA, que pretende fomentar o consumo de froita fresca entre os adolescentes. A froita a repartir será a seguinte:

Luns e venres: Plátano
Martes: Mazá
Mércores: Pera
Xoves: Mandarina

Entroido 2016

O pasado venres 5 de febreiro celebramos o Entroido. Picando na imaxe superior ou aquí podes acceder a algunhas das fotografías do evento. 

Patinaxe sobre xeo

En xaneiro varios grupos de alumnos e alumnas do noso centro disfrutaron da actividade de patinaxe na pista de xeo instalada en Samil. Pica na imaxe superior ou aquí para ver algunhas fotos.

Reparto de froita

A semana pasada repartimos froita entre o alumnado da ESO ao abeiro da actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia e a Unión Europea a través do FOGGA. Esta actuación pretende fomentar o consumo de froita fresca entre os adolescentes.

O luns e o venres repartimos plátanos, o martes mazá, o mércores pera e o xoves clementina. En total consumíronse máis de 300 kg de froita.

Agradecemos ao alumnado a boa acollida que tivo esta actividade. Achégamos un documento con algunhas propiedades das froitas.

Visita á ETSE de Minas

A visita foi exhaustivamente documentada  fotograficamente.
Seguro que vos atopades en varias das fotos que subimos. Iso si, non vos recoñeceredes nas termografías.
Un saúdo.

Reparto de froita entre o alumnado da ESO

Fonte imaxe

O IES Castelao participa no programa de distribución de froita fresca ao alumnado da ESO. Trátase dunha actividade cofinanciada pola Xunta de Galicia e a Unión Europea  a través do FOGGA que consistirá no reparto gratuíto dunha peza de froita entre o alumnado. O consumo realizarase durante o primeiro recreo.

Esta actividade pretende fomentar o consumo de froita fresca entre os adolescentes. O primeiro periodo de reparto irá do luns 18 ao venres 22.

Lembrando a Neira Vilas

Preme para ver a foto ampliada Os alumnos de 1º ESO C e 2º da ESO B e C  fixeron tamén unha pequena homenaxe a X. Neira Vilas tras o seu falecemento, ocorrido o pasado 27 de novembro de 2015.

Xosé Neira Vilas

Todo o profesorado, alumnado e persoal non docente do centro lamenta a perda do escritor, académico e Doutor Honoris Causa, Xosé Neira Vilas, acontecida o 27 de novembro pasado. Entre o 9 e o 16 de novembro, o alumando de 3º da ESO homenaxea o seu nome cunha serie de lecturas sobre a súa obra.

Lecturas na Biblioteca

Entre os días 4 a 6 de novembro a biblioteca do centro desenvolveu a primeira sesión da actividade Lecturas na Biblioteca, planificada para todo o longo do curso. Nesta ocasión o alumnado de 2º da ESO realizou unhas lecturas de contos, con temática de medo, escolmados en galego e castelán.

Distribuir contido