O Merdeiro vigués

 

P1050641.JPG

Coma outros anos, a principios de febreiro volveu visitar o noso centro o personaxe do entroido vigués por antonomasia: o merdeiro. Este curso foron os alumnos de 1º ESO C  os que asistiron á charla que Hadrián e Adriana, do EDNL do Concello de Vigo,  impartiron sobre a orixe, vestimenta  e as actividades propias deste personaxe. Ademais, algúns alumnos disfrazáronse de merdeiros, aínda que moi limpos, coas súas  carautas e roupaxes típicas. Preme na imaxe para ver que ben o pasaron.