O IES CASTELAO quere felicitar as alumnas Tais González e Genoveva Longueira, de 2º da ESO B, por quedaren finalistas no IV Certame de Relato Curto convocado pola FANPA, a Federación de ANPAS da provincia de Pontevedra. A este certame, que vai xa pola cuarta edición, presentáronse máis de 700 relatos procedentes dos centros escolares de Galicia.
Os gañadores de cada categoría, seleccionados polo xurado de entre os finalistas, déronse a coñecer no acto de entrega de premios que tivo lugar 30 de maio no Salón de Actos do Pazo da Cultura do Concello de Pontevedra.
Neste acto, ademais, entregáronse os diplomas aos participantes seleccionados e fíxose a presentación do libro compilatorio dos relatos finalistas.
A escritora Ledicia Costas asinou exemplares do devandito libro que se abre cun relato da súa autoría.