Cursos anteriores

Eduardo Mendoza, Sin noticias de Gurb

Día 9 00.01 (hora local). Aterrizaje efectuado sin dificultad. Propulsión convencional (ampliada). Velocidad de aterrizaje: 6.30 de la escala convencional (restringida). Velocidad en el momento del amaraje: 4 de la escala Bajo-U1 o 9 de la escala Molina-Clavo. Cubicaje: AZ-0.3.
Lugar de aterrizaje: 63º (IIB) 28476394783639473937492749.
Denominación local del lugar de aterrizaje: Sardanyola.

Discurso de Don Quijote a los cabreros sobre la edad de oro (fragmento)

         

          - Dichosa edad y siglos dichosos aquellos a quien los antiguos pusieron nombre de dorados, y no porque en ellos el oro, que en esta nuestra edad de hierro tanto se estima, se alcanzase en aquella venturosa sin fatiga alguna, sino porque entonces los que en ella vivían ignoraban estas dos palabras de tuyo y mío.

23 de Abril: Día do Libro

           O día 23 de abril foi escollido como Día do Libro por coincidir nel o falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e mais o Inca Garcilaso de la Vega, no ano 1616.

Agustín Fernández Paz: Invisibles

— ...Ñ ...O ...P. A ver: Palacios... Pastor... Pereira... —o dedo da secretaria baixaba veloz polo listado de nomes que enchía as follas que tiña diante. Sentado enfronte da mesa, Miguel miraba para aquel dedo coma se, de repente, toda a súa vida futura dependese del. Finalmente, a uña vermella quedou parada enriba do que andaba a buscar. A rapaza leu con voz triunfante:


—Pérez Lestón, Miguel. É o seu nome, ¿non si? Xa lle dixen que era imposible que houbese ningunha confusión.


Miguel aínda tentou insistir; podía ser que na empresa traballase outro operario co seu mesmo nome, tampouco os seus apelidos eran tan raros. Pero a secretaria, cun aceno de impaciencia, explicoulle que todo estaba moi claro. Mentres llo dicía, miraba xa para o home que agardaba na fila detrás del, desexoso de ocupar o seu lugar.

Agustín Fernández Paz: Un mundo de palabras

     Cando eu era neno, tiña na miña cama unha colcha feita con retallos de teas de diferentes texturas e cores: unha colcha de trapos. Lémbroa agora, despois de tantos anos, e volvo escoitar o estrondo das ondas e o ruído do vento nas velas, e sinto medo porque me atopo nunha selva chea de perigos, e contemplo abraiado un espacio lunar ateigado de silencios... Porque a miña memoria se enche cos mundos encerrados nos libros que había na pequena biblioteca de meu pai, aqueles libros que, coas mans aterecidas, eu lía con paixón nas noites de inverno da miña infancia, abrigado pola colcha de trapos que fixera miña nai.

"As palabras poden axudar a cambiar a vida e a cambiar o mundo"

          Iso pensaba Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947-Vigo, 2016), a quen queremos recordar especialmente na HORA DE LER desta semana de abril tan próxima ao 2 de abril, Día do Libro Infantil e Xuvenil.

          Porque Agustín Fernández Paz é un dos escritores máis coñecidos e valorados no ámbito da literatura infantil e xuvenil, en Galicia e no conxunto do Estado. É autor de máis de cincuenta títulos, dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís. Os seus libros están traducidos a outras linguas: castelán, catalán, éuscaro, portugués, coreano, búlgaro, inglés, chinés, árabe francés e italiano.

Sorteo do segundo trimestre entre os lectores da Biblioteca

          O pasado venres 31 de marzo celebramos o sorteo correspondente ao segundo trimestre entre os lectores da biblioteca do centro. Unha man inocente de 4º C procedeu a extraer da urna na que se depositan as fichas dos libros devoltos en prazo a que resultou nesta ocasión tocada pola fortuna, que  foi a de...

Danna Pombo Artiles de 1º Bac-A

Parabéns!

Taller de Judo

        

          A finais de marzo Carlos Garabatos, presidente e entrenador de Galicia Sur, impartiu un taller/exhibición de judo ao alumnado de 3º de ESO do noso centro. Nunha das sesións tamén participaron os alumnos de intercambio de francés do Collège Blaise Pascal Saint-Flour. Clicando na imaxe superior podes ver máis fotos e aquí vos deixamos un vídeo da actividade:

Visita de alumnos do Collège Blaise Pascal Saint-Flour

     

          En marzo, visitounos un grupo de alumnas e alumnos do Collège Blaise Pascal Saint-Flour, situado no centro de Francia. Pasaron varios días entre nós, coñecendo o noso centro (e o IES Politécnico) ademáis dos lugares máis relevantes da nosa cidade e da entorna (Illas Cíes, Baiona, ...). Na imaxe podemos ver a recepción do grupo polo alcalde no Concello. Próximamente, varios dos nosos alumnos e alumnas farán o mesmo, visitando a rexión francesa de Auvergne.

Fonte da imaxe.

2 de abril: Día do Libro Infantil e Xuvenil

 


          Desde 1967, o día 2 de abril celébrase este Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. A celebración é promovida polo IBBY (International Board on Books for Young People) coa finalidade de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e de promover a lectura entre os máis novos.

     Podes ler a continuación a explicación que dá o escritor ruso Sergei Makhotin do lema desta edición do Día:

Medremos co libro!

Distribuir contido