Cursos anteriores

Letras Galegas 2017

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Entre as diversas actividades programadas no noso centro para celebrar o Día das Letras Galegas, o noso alumnado adicoulle unha pequena homenaxe a Carlos Casares, autor homenaxeado este ano na festa das nosas Letras, con lecturas e música.

 

Visita a FPInnova 2017

          O venres 12 de maio un grupo de alumnado acudiu ao Congreso de Innovación na Formación Profesional na Cidade da Cultura de Santiago. Neste congreso amosáronse algúns proxectos de innovación tecnolóxica e didáctica desenvolvida por centros galegos de formación profesional, así como proxectos resultantes do programa eduemprende.

Charla-taller sobre violencia de xénero entre adolescentes

          O xoves 11 de maio alumnas e alumnos do noso centro que participan na comisión de convivencia acudiron a unha charla-taller sobre violencia de xénero entre adolescentes impartida por Marina Marroquí que se desenvolveu na Fundación Barrié en colaboración coa asociación Arela.

Lendo e debuxando a Don Quixote e os "Contos perversos" de Roald Dahl

          Un fatiño de rapaces do Club, de 1º da ESO, estiveron a preparar unha lectura colectiva de dous dos contos aos que Roald Dahl lles dá unha volta na súa colección titulada, en castelán, "Cuentos en verso para niños perversos".

          Despois de ensaiar durante unha chea de recreos ata encaixar ben os personaxes e non cometer erros, fixeron a lectura pública dentro das sesións que se levaron a cabo na semana do 24 ao 28 de abril no salón de actos do instituto para celebrar o Día do Libro deste ano 2017.

Gañador da proba galega do concurso "Parnaso"


          O venres 5 de maio a delegación de Galicia da Sociedade Española de Estudios Clásicos (SEECGalicia) comunicounos que na proba Parnaso correspondente a esta sección de Galicia resultou gañador o alumno Pedro Araújo, quen, polo tanto, concorrerá á fase final do concurso. Na mesma comunicación envíanse parabéns a todos os participantes e aous seus profesores de Grego pola excelente calidade dos exercicios.

12 de Maio: Día Escolar das Matemáticas

           Este Día instituíuse no ano 2000, na data do 12 de maio en recordo do nacemento do matemático e enxeñeiro, ademais de artista (músico, pintor e poeta) Pedro Puig Adam, que nacera en Barcelona no ano 1900 e que faleceu aos 59 anos, en 1960, en Madrid.

Carlos Casares: "A rapaza do circo"

Mirou pola fiestra. Víase a carpa do circo que se erguía entre os carballos do feiral.

Está castigado. Cando el saia, a sesión da tarde terá rematado. E despois de cear non o deixarán ir.

A cousa empezou por culpa dunha aposta. Os de quinto estudiaban na aula II, que tiña acceso directo desde o portal sen pasar polas demais dependencias do colexio. Podían ver a rúa e meterse coas rapazas que pasaban sen que ninguén os vixiase. Cando viron a Anne, avisárono:

-          Mira a francesiña do circo.

Concerto do alumnado de Escolas Proval

          O venres 5 de maio, alumnos e alumnas do IES Escolas Proval de Nigrán estiveron no noso instituto para ofrecernos un concerto. Tocaron, entre outras, pezas de Led Zeppelin, Dire Straits e tamén interpretaron un rondó para caldeiros e chifres con botes de pintura reciclados. A actividade resultou moi interesante e divertida.

Concurso de marcapáxinas

        

          Con motivo do Día do Libro, o departamento de Lingua Castelá e Literatura organizou un concurso de marcapáxinas que estivo aberto a todo o alumnado; podíanse presentar cantos se quixesen, de calquera material, e podían levar un lema para animar á lectura.

Nais

Nais e lectura

Julio CORTÁZAR

          "Mi madre... era lectora muy indiscriminada, sin ningún rigor científico, lectora de novelas, lectora de cuentos, romántica por naturaleza. Eso ayudó mis primeros pasos en la infancia, porque a través de mimadre yo fui recibiendo los libros que ella consideraba que yo podía leer en esa época, muchos de los cuales eran folletines, libros de poca calidad, novelescos.

           Pero eso se mezclaba con las buenas obras de Alejandro Dumas, de Víctor Hugo, de manera que sin que hubiera un criterio de selección severo, yo tuve una biblioteca que me abrió enormemente la imaginación... En ese sentido mi madre fue una gran iniciadora en el camino de lector primero y de escritor después".

Distribuir contido