Letras Galegas 2017

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Entre as diversas actividades programadas no noso centro para celebrar o Día das Letras Galegas, o noso alumnado adicoulle unha pequena homenaxe a Carlos Casares, autor homenaxeado este ano na festa das nosas Letras, con lecturas e música.

 

     Nesta celebración, que se desenvolveu no salón de actos do centro o 15 de maio, alumnos de 1º e 2º  ESO leron relatos, artigos e fragmentos das obras máis representativas de Carlos Casares, intercalando estas lecturas con distintas pezas musicais (xota, muiñeiras…) interpretadas por alumnos de 3º e 4º da ESO, dirixidos por Ana Rubio, profesora de Música do centro. Rematamos esta festa coa muiñeira de Acibo, que bailaron alumnas de 1º da ESO, baixo a dirección da profesora Beatriz Tapia, con aturuxo incluído.

 

Podes acceder ás fotos do acto premendo na imaxe.