Cursos anteriores

O Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas


O martes 17 de outubro, varios cursos de 2º da ESO e todo o alumnado de 4º, tivemos a sorte de ser dos primeiros en visitar a exposición do Pergamiño Vindel, o manuscrito orixinal que contén as sete cantigas de amigo de Martín Códax, e a melodía de seis delas.

Festival poético Kerouac


O martes 17 tivemos a oportunidade de desfrutar da poesía da man dos protagonistas do recital Kerouac. Baixo a animada moderación de Marcos de la Fuente puidemos desfrutar da declamación dos versos sentidos de David Casal, a poesía explosiva e explícita de Brais Nogueira, así como do lirismo e a elegancia rítmica dos versos de Cynthia Menéndez. Esta última, de visita no IES Castelao por segunda vez con este proxecto, adicou a súa actuación ó centro, no que pasou os seus anos de estudo da secundaria e Bacharelato. Asimesmo, foi a aclamada gañadora do “Poetry slam” que organizan os miembros do recital.

En definitiva, sensibilidade a flor de pel e una maneira máis desenfadada de acceso á poesía para os alumnos da ESO e do Bacharelato. Ninguén  ficou indiferente.

19 de outubro: Día Mundial Contra o Cancro de Mama

Cada ano, o 19 de outubro celébrase o Día Contra o Cancro de Mama como recordatorio do compromiso de toda a sociedade na loita contra o cancro de mama.

Clica aquí para acceder á web da AECC.

"Un mar de linguas"

       

          No concurso que se promoveu desde a Biblioteca con motivo do Día Internacional da Tradución, o alumnado foi requirido para averiguar a lingua á que correspondían as reproducións de edicións da obra de Jules VERNE que este ano recordamos especialmente, Vinte mil leguas baixo dos mares.

          Foron moitos os que se animaron a probar sorte (máis de setenta!!) e algúns achegáronse moito: seis participantes acertaron 17 dos 18 casos.

          Mais só un fixo pleno de acertos, enchendo correctamente a resposta á lingua na que estaban as 18 versións que se ofrecían.

          El é, polo tanto, o gañador. A ver que lingua escolle para ler esta obra!

 

Coñece a túa biblioteca

                 O alumnado novo xa visitou "oficialmente" a biblioteca. Desenvolveuse o pasado martes día 3 de outubro a xornada de presentación para cada un dos grupos de 1º da ESO.

            En primeiro lugar, foron informados dos servizos que presta a biblioteca do centro, das súas normas de funcionamento e mais da organización e colocación dos fondos. Ao final da sesión, eles mesmos tiveron que atopar un libro dos que se lles proporcionaban os datos precisos, cos que previamente foran familiarizados.

            Pola súa parte, o alumnado de bacharelato de novo ingreso no centro, recibiu xa na semana anterior, a derradeira de setembro, a Guía da biblioteca 2017 / 2018

Graduación 2017

Clica na imaxe para ver máis fotos do acto de graduación 2017. Imaxes cedidas por Vilux Fotografía.

Festival fin de curso 2017

Vídeo do festival fin de curso que tivo lugar en xuño de 2017 no salón de actos:

Surf en Patos

O 22 de xuño un grupo de alumnos e alumnas practicaron surf na praia de Patos (Nigrán). Podes ver máis imaxes clicando na foto superior.

Bautismo de vela

O 19 de xuño un grupo de alumnado de 2ºESO participou nunha actividade de vela no Club Náutico de Vigo. Clica na imaxe superior para ver máis fotos.

Distribuir contido