A nosa biblioteca vai recuperando aos poucos a mesma cor e a mesma vida que tiña antes do incendio. Convencidos de que é un espazo para o lecer, para o ler, para imaxinar e viaxar cos libros, as mestras de infantil decoraron o seu recuncho cun mural que ten a Silvestre e Piolín como protagonistas e a moitos personaxes de contos como convidados. A que lles quedou ben chulo?
Os nenos de Infantil e de 1º Ciclo de Primaria están a coñecer o proceso de transformación dos vermes da seda en bolboretas de seda. Trátase do proxecto "Enredando, artesanía na Escola" que está a desenvolver a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en catro centros educativos de cada provincia.
Videopoema ilsutrado e narrado polas alumnas de catro anos de infantil do CPI Virxe da Saleta sobre un poema de Fran Alonso: O meu gato xoga coa lingua, do seu libro O meu gato é un poeta.
Coincidindo coa unidade didáctica Os Alimentos os alumnos de infantil acudimos a visitar a Escola de Hostelería de Vilamarín. Por un día convertímonos en pequenos cociñeiros ataviados cuns preciosos mandiles que nos fixeron as nosas profes. Pasámolo moi ben enzoufando as mans na fariña e saboreando as pizzas e galletas que nos mesmo elaboramos.