Skip to Content

contador gratis para blog

6º Infantil

O QUE DICIMOS SEN FALAR

O que dicimos sen falar!!

Un novo vídeo didáctico protagonizado polo alumnado de infantil.

O noso corpo tamén fala!


CONTOS E LENDAS DE MEDO

                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

                                                                                                    Perante o mes de novembro, o alumnado está a elaborar contos de medo e recoller lendas sobre esta temática, traballo que forma parte dun proxecto de recollida de material de medo levado a cabo dende o curso pasado.  

Aquí  tedes un pequeno adianto...

O samaín chegou ao cole de Cea

O samaín xa chegou ao cole de Cea. Os nenos e nas decoraron o centro e elaboraron cabazas típicas desta época coa axuda das súas familias. Que vos parece o resultado?

Applícate o conto

Applícate o conto é unha app de contos infantís creada por e para nenos.  É froito da colaboración entre o CPI Virxe da Saleta de Cea e o CIFP da Carballeira. É un proxecto interdisciplinar baseado na aprendizaxe por competencias.

 

A nosa casiña

COLLAGE PORTA CLASES COMPRIMIDA_3.jpg

Os nenos e nenas de Infantil teñen no cole a súa segunda casa, ou polo menos eso é o que as súas profes queren facerlles sentir.

Benvidos nenos á vosa segunda casa!!!!!

O outono xa está aquí!!!!!

Chegou o Outono!!! e dende que entrou esta nova estación en Infantil, estamos a traballar moitas cousiñas do outono. Unha pequena mostra e a decoración do noso edificio.

 

Applícate o conto: 4 de novembro

A nosa app está lista. O vindeiro martes día 4 teremos un acto de presentación no CIFP da Carbaleira, os nosos compañeiros de viaxe neste proxecto. A partir dese día poderedes descargala nos vosos dispositivos android: móbiles e tablets. Estamos moi emocionados por ver como o froito do traballo colaborativo desenvolvido no curso pasado por todo o alumnado do centro está a punto de ver a luz. Permanecede atentos aos nosos perfís nas redes sociais e tamén á web do centro a partir dese día para saber como descargala.

CONCERTO "DE AQUÍ PARA ALÁ!

Este venres, 24 de outubro, os nenos e as nenas de Infantil, 1º e 2º de Primaria acudirán ao auditorio de o Carballiño para disfrutar do concerto

"De aquí para alá"

 

A través da música de Lydia Botana e o seu grupo viaxaremos pola historia dunha Bolboreta que remata a súa metamorfose co son dos instrumentos musicais. Embarcaremos nunha viaxe arredor do mundo aprendendo gracias ás imaxes e a actuación dos músicos que veremos, escoitando e cantando as músicas de cada lugar facendo partícipe ó público na procura de novos sons.

Pasaremos por países coma Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Estados Unidos,… rematando na nosa terra máxica: Galicia!

Visita ao laboratorio de ciencias. Coñecendo o noso corpo

Visita ó labratorio de ciencias.

O martes os nenos e nenas de infantil visitaron o laboratorio de ciencias da ESO.

Foi unha pequena excursión ata o edificio de secundaria, alí esperábanos Conchi a profe de bioloxia. Contounos moitas cousas relacionadas co noso corpo, segredos que esconde e moitas curiosidades que nós non sabiamos.

Presentounos a Huesitos o esqueleto e deixounos tocar algúns dos órganos que están dentro do noso corpo, nun “corpo de mentira” co que ensina ós maiores.

Saímos do laboratorio moi contentos movendo o esqueleto.

A experiencia gustounos moito e a profe Conchi, convidounos a volver para aprender máis cousas.

 

Maxia na Biblioteca. Proxecto Coñecendo o noso corpo

Sesión de maxia na biblioteca para as nenas e nenos de infantil.

O venres as profes preparáronnos unha sorpresa moi especial, convidaron ó mago Nilson e todos xuntos disfrutamos dunha fantástica sesión de maxia.

O mago Nilson recordounos a importancia que teñen as mans, xa que ademáis de server para pintar, coller cousas, lavarnos….serven para facer maxia e as veces unha maxia especial, a maxia de facer sentir ben ós demáis cando os acariñamos coas nosas mans.

Pasámolo xenial xa que o mago prestounos a sua variña para que poidesemos ser magos por un día.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut