Skip to Content

contador gratis para blog

6º Infantil

O INVERNO

Os alumnos de 6º de Infantil disfrutaron facendo o seu mural de inverno .

Entre todos fixeron esta cousa bonita

O Entroido é o Carnaval

O Entroido é Carnaval é o lema da festa deste ano no noso centro. Como xa saberedes o Entroido é a entrada na primavera, o renacer da vexetación e tamén o principio da cuaresma cristiana. O Carnaval ven do latín carne levare é dicir, o comezo da época na que non se pode comer carne. Coa celebración deste ano queremos tender unha ponte entre o Entroido tradicional galego e o Carnaval máis famoso do mundo, o Brasileiro. Este vernes 28 ás 15:45h faremos unha batucada escolar que levamos traballando durante dúas semanas. O alumnado construiu maracas, tambores e baquetas con material de refugallo. Coa axuda dos PerQtores de Seixalbo faremos retumbar os cimentos do cole cos nosos ritmos. Queredes ensaiar na casa? Aquí tedes os ritmos. E tamén unha galería do xoves no recreo seguindo as ordes da Meca para vir disfrazados de profesións.

 

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ...A MECA MANDA VIR ASÍ...

O Entroido chegou ao cole de Cea, e todos nós educadamente faremos o que a MECA nos ordea

 

Hoxe luns, como "ANIMAIS" ruximos.

Mañá martes con "DEPORTES" saltaremos.

O mércores ... xa veremos!

O Xogo da Carrasquiña

Dende 1964 cada 30 de xaneiro os centros educativos veñen celebrando o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, (DENIP) coincidindo co aniversario da morte de Mahatma Gandhi. Durante os días anteriores aproveitamos para falar ao noso alumnado da importancia dos valores que sustentan a nosa convivencia: o perdón, o pacifismo, o diálogo. E o propio día aproveitamos para celebrar con música e artes esta efeméride. Este 2014 a xornada rematou cun baile colectivo que simboliza a unión entre todos os membros da comunidade escolar. Escollemos unha danza cantada que fala de afectos, de cariños e de coidados, ao fío do noso proxecto O mapa das emocións. É un tema interpretado polo grupo Pesdelán titulado O Xogo da Carrasquiña, no seu disco Na Punta do Pé, publicado por Kalandraka. Aquí vos deixamos o vídeo para que xoguedes a atoparvos nel.

 

Ciclo de Cinema no CPI

No CPI Virxe da Saleta seguimos dando pasos cara adiante na construcción da nosa Comunidade de Aprendizaxe. Cremos que a implicación de todos os axentes que inflúen na educación é fundamental para acadar o éxito escolar e a igualdade educativa. Por iso é que poñemos en marcha proxectos como o I Ciclo de Cinema: Cinema e Educación. A partir deste venres día 7 proxectaremos unha película cada primeiro venres de mes (agás o venres 9 de maio xa que o 2 é ponte). Nesta primeira ocasión apostamos polo cinema que pon a educación, os seus retos e conflictos, en primeiro plano. Catro filmes de nacionalidade francesa cos que queremos fomentar o debate e a reflexión sobre os procesos educativos. Estades todas e todos convidados, vémonos este venres ás 20:00h na Biblioteca do centro, onde proxectaremos Ser y Tener do documentalista Nicolas Philibert do ano 2002.

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA

No Día da Paz e Non Violencia, na aula de cinco anos estiveron traballando con un poema de  Gloria Fuertes titulado: Sólo tres letras.

En internet atopamos este video que queremos compartir con todos.

FELIZ DÍA DA PAZ!

 

 

O Mapa das Emocións

Un ano máis celebramos  o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Lembraredes que o ano pasado o noso leit motiv foi a Alegría. Cantamos aquela bonita canción de Sergio Tannus xuntos na entrada do colexio acompañados ao piano pola profe Anna Bosak. Nesta ocasión afondamos na mesma idea: a felicidade. A comunidade escolar do CPI Virxe da Saleta estamos convencidos de que a mellor maneira de convivir en paz os uns cos outros é estar felices. Querer e deixarnos querer. Sentir os afectos dos que nos rodean. Os coidados e os sentimentos son a chave para unha convivencia pacífica en sociedade. Na escola, na casa, no pobo, no país e no mundo. Só tecendo eses fíos que nos unen a unhas persoas coas outras seremos capaces de construir a paz. Por iso o traballo deste día é o #MapadasEmocións. Unha narración oral acompañada coa preciosa música de Ludovico Eunaldi onde o alumnado do centro conta que é aquelo que lles fai felices, que lles fai sentir ben, sentirse queridos polos demais. Agardamos que a súa escoita sirva de inspiración para todos. Sobre todo para os maiores, que nunca deixaremos de aprender das palabras sabias dos pequenos.

 

QUE FRÍO!

A aula de tres anos da a benvida ó inverno con un fantástico mural.

 

 

O INVERNO

As profes  decoraron coa axuda dos alumnos o edificio e as portas de Infantil .

                                                Así de bonito nos quedou !

 

                  Que porteiros tan especiais dan a benvida as nosas clases...!Aquí tendes os nosos bonecos!

 

 

 

LIBRO DAS FOLLAS DO OUTONO

Preciosa recompilación de follas do outono, recollidas polos alumnos de 6º de Infantil. Coa axuda dos seus pais fixeron un fermoso traballo de recollida e catalogación de follas no seu contorno, logo na clase traballamos as formas, as cores, a árbore da que proceden e cada un fixo un fermoso álbum coas follas que recolleron.

Ésta é unha mostra dos traballos. 

                                    

 

Distribuir contido


by Dr. Radut