Skip to Content

contador gratis para blog

blogue deadmin

O PICURÍ Nº 10 (2015)

Xornadas de Orientación VI

Un ano máis a dirección e o departamento de Orientación do C.P.I. Virxe da Saleta, en colaboración cos Concellos de San Cristovo de Cea e de Piñor poñen en marcha asXornadas de Orientación Académica e Profesional. Destinadas ao alumnado da E.S.O. e ás súas familias chegan este ano á súa VI edición. Celebraranse, como en anos anteriores, na aula de música do CPI Virxe da Saleta.A primeira das dúas xornadas será o próximo lunes, 20 de abril, a partir das 15:30 h., sobre Formación e Inserción Laboral, coa participación dos seguintes poñentes:

D. Noemí González Camba. Licenciada en Dereito. Xuiza de Instrucción. Exalumna do CPI Virxe da Saleta.

D. Sonia Moral Álvarez. Esteticista e Terapeuta Natural. Xefa da Perruquería Moral. Exalumna do CPI Virxe da Saleta.

D. Oscar Rodríguez Gómez. Bombeiro no Parque Comarcal de Chantada.

Dª Marta Pérez Adán. Licenciada en Mediciña. Xinecóloga do Hospital Cristal- Piñor.

Dª Nuria Álvarez Rodríguez. Diplomada en Turismo. Máster en Planificación e Dirrección de Empresas Turísticas. Traballadora da Empresa de Organizacións de Eventos ServiturCea.

 A seguinte xornada está prevista para o mércores día 22 de abril, a partir das 15:30 h., sobre o Emprendemento e Mundo Laboral, coa participación dos seguintes poñentes:

D. José Enrique Rodríguez López. Fundador da empresa Rodríguez López Auto.

D. Omar Rodríguez Reboredo. Policía do Corpo Nacional de Policías. Exalumno do CPI Virxe da Saleta.

Dª. Uxía Alonso Crespo. Enxeñeira Técnica Forestal e Enxeñeira de Montes. Xerente da empresa “Frutos da Mellora”.

Dª. Fatima Fernández Fernández. Xornalista. Exalumna do CPI Virxe da Saleta

D.ª Hilda Rodríguez Fernández; Licenciada en Farmacia. Farmacéutica de San Cristovo de Cea.

 

Na neve

Se accedes á web dende un dispositivo móbil e non podes ver a presentación de fotos vai aquí para ver a galería:

https://picasaweb.google.com/109992637361574276605/ExcursionAndorraXanei...

 

Coñecendo o mundo bacteriano

Os alumnos de 4º da ESO tivemos a gran sorte de poder realizar unha práctica de laboratorio con Julia Carballo, unha profesora do Facultade de Ciencias de Ourense, e doutora en Microbioloxía. O día 14 de xaneiro visitou o noso centro para contarnos moitas cousas sobre o mundo bacteriano. Sementamos bacterias de diferentes zonas da nosa anatomía en placas de cultivos para demostrar que estamos rodeados destas, e mesmo convivimos con elas.
Dous días mais tarde fomos a visitala a Facultade de Ciencias, que está no campus de Ourense, para ver se medraran as nosas bacterias. Foi
alucinante ver como aparentemente da nada xurdían colonias de bacterias macroscópicas!!.
A experiencia foi incrible e esperamos poder repetir algunha parecida. Moi interesante!!

Dereitos Humanos

 


O equipo de biblioteca coordinou a actividade de conmemoración do día internacional dos dereitos humanos. Celebrámolo no noso comedor. Todo o alumnado compartiu o seu traballo artístico realizado os días previos sobre cada un dos dereitos e acompañouno cun relato sobre eles.

De aquí para alá... con Lydia Botana

Aquí tedes unha galería de imaxes do concerto De Aquí para alá... co que gozamos moito. Foi no auditorio do Carballiño e compartimos xornada con nenas e nenos de outros centros da comarca.

É tempo de Samaín

É tempo de Samaín. É tempo das cabazas, trememos de medo. Pasámolo ben. Queredes saber por que?

Durante toda a primeira semana de novembro o alumnado de infantil realizou actividades relacionadas co Samaín: na pizarra dixital interactiva, usando pintura de dedos, decorando a clase. Contamos ademais coa colaboración de todas as familias na elaboración das típicas cabazas desta época. Aquí tedes unha galería de imaxes que ilustra os seus traballos.

A arte da natureza... ten premio

Lembrades o noso proxecto  do curso pasado A arte da natureza? Pois acabamos de recibir a noticia de que foi premiado pola Xunta de Galicia!

Aquí tedes unha crónica elaborada polo propio alumnado participante no proxecto.

Hai tres anos o alumnado que se atopaba cursando en 1º e 2º de ESO, algúns deles agora en 3º e 4º, realizaron un traballo no que combinaron diversas asignaturas á vez. Este consistía en facer un cartel cunha árbore indicando as súas características, o seu nome en varias linguas, un cadro no que sexa o centro da atención e un poema sobre el. Esta actividade logrou combinar as materias de ciencias da natureza, inglés, francés, lingua galegá e castelá, incluso plástica.

Este ano recibimos a noticia de que gañaramos un premio grazas a este traballo nun concurso relacionado con actividades que se realizan en bibliotecas. O premio consiste en 1500€ que serán destinados á biblioteca do centro. O noso foi o único en recibir algún premio de toda a provincia de Ourense.
 
PD: os rapaces de 4º poderiamos recibir unha parte do premio por colaborar na actividade e así ter unha axudiña para a excursión de fin de curso a Londres.

Artigo colectivo de 4º de ESO

Magosto 14

Chega o magosto. Gústavos o noso cartel? Son as nenas e nenos de 3 anos de Infantil. Como é 2014 pois dixemos, veña, o magosto para o 14. Así que preparade para asar as castañas, comer os chourizos e botar unhas cantigas. Este ano non cantaremos sós, temos a actuación estelar d'Os Biruxes que veñen, ademais, cos seus amigos da residencia de maiores da Saleta. Botaremos o verdegaio, o galo e outras pezas populares. E haberá tempo para xogos populares coma o pano, a carreira de sacos, etc. E tamén para chinar a cara que é o que máis nos gosta. Se o día ven bo iremos ao campo da SaletaE se chove temos plan B no polideportivo do centro. Que viva o magosto!!

Distribuir contido


by Dr. Radut