Skip to Content

contador gratis para blog

blogue deadmin

Admisión de novo alumnado para o curso 2020-2021

RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO DE NOVA INCORPORACIÓN DO CURSO 2020-21

Achegamos a información sobre os novos prazos de reserva de praza e formalización de matrícula para o vindeiro curso 2020-21.

LEMBRAMOS QUE o alumnado actual non ten que facer níngún trámite ata xullo, no prazo de matricula, pois a reserva de praza para eles é automatica.

PRAZO PARA ALUMNADO DE NOVA ADMISIÓN: DO 11 AO 18 DE MAIO

A solicitude pode presentarse via online en: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

Para a solicitude presencial, acude o centro en horario de 10h a 13h. Para garantir a distancia solical recomendada e que poidas ser antendido de forma inmediata pide cita no 988282169 antes de acudir.

CANDO ACUDAS AO CENTRO

1.   Entra pola porta principal do edificio, que atoparás aberta. Fronte a ela atoparás a fiestra do despacho de xefatura, dende onde se te atenderá. Non está permitido o acceso a outros espazos do centro.

2.   Se hai alguén sendo antendido agarda no patio respectando a distancia de 2 metros entre persoas.

3.   Xunto á fiestra do despacho atoparás unha mesa, con impresos, bolígrafo e xel para as mans, por se o precisas.

4.   A documentación recollerase a través da fiestra, nunca accedendo directamente aos despachos.

5.   Para calquera consulta podes chamar ao teléfono do centro 988282169 no horario de 10h a 13h.

 

Conto contigo desde a casa


#ContoContigo desde a casa

Debido á situación de pandemia que asolaga ao planeta e que nos impide acudir ao noso benquerido Cole de Cea a aprender un feixe de cousas e gozar cos nosos compañeiros e compañeiras, cavilamos desde o Equipo de Tics, o Equipo de Biblioteca Biblioteca Ramón Caride e o Equipo de Dinamización Lingüística que os membros da comunidade escolar poderiamos achegar contos, poemas, historias, textos divulgativos, etc.

Farémolo así:

1 Preferentemente en galego e poderanse empregar todos os recursos que se queiran para adobiar a gravación (vestimenta, efectos, música etc.)

2 Grava un vídeo no que saias ti ou a túa voz contando un conto, un poema, compartindo un texto divulgativo etc. (duración máxima 5 mins.)

3 Envíao a través da plataforma We transfer ao enderezo electrónico: ticscea@gmail.com

4 Compartirémolo nos perfís do cole para que chegue a moitos recunchos do planeta.

Así pois animádevos a enviar os vosos videos para poder compartilos e facer que aínda que sexa virtualmente, nos sintamos máis preto.

Moito ánimo #contocontigo.

Grazas, grazas, grazas

Dende o equipo directivo do CPI Virxe da Saleta informamos que o venres 3 de abril remata o trimestre e comezan as vacacións de Semana Santa, como se contempla no actual calendario escolar. A actividade non se retomará  ata o martes día 14 de abril. Aínda non se dispón de información relativa á organización da actividade lectiva durante o terceiro trimestre.

Dadas as circunstancias excepcionais que estamos a vivir a entrega de cualificacións correspondentes a este segundo trimestre non se realizará do modo habitual senón que serán trasladadas ás familias a través do servizo ABALAR Móbil. Aquelas familias que non dispoñan deste servizo, poden solicitar o envío das cualificacións a través de correo postal ou e-mail, chamando ao centro ou na dirección de correo electrónico  cpi.saleta.sacristovo@edu.xunta.es.

Queremos aproveitar para salientar o esforzo, preocupación e compromiso que está a amosar o alumnado, as familias e o equipo docente nesta situación tan complicada. 

Especialmente queremos enviar unha aperta agarimosa a todas as alumnas e alumnos. Botámosvos moitísimo de menos e estamos desexando poder atoparnos de novo no noso Cole de Cea.

Nunca choveu que non escampara

Dende a AULA de PT de Educación Infantil e Primaria, do CPI Virxe da Saleta, en coordinación con todo o profesorado do centro, propoñen unha tarefa voluntaria para o alumnado, en colaboración coas familias. A mesma, será para realizar dende o día de hoxe ata o 30 de marzo de 2020:

Como xa sabedes, esta situación que estamos a vivir é novedosa para todos nós, polo que propoño unha tarefa artística para levar ben estes días na casa. 

Imos debuxar un paraugas coas cores do arco da vella. O traballo realizarase en calquer soporte: obxectos de casa, folio, cartulina, cartón e do tamaño que queirades. Ponlle  como título: #NuncaChoveuQueNonEscampara #ColedeCea.

Por último fai unha fotografía do traballo e envíaa ao correo electrónico que indicamos na mensaxe do ABALAR. Publicaremos os debuxos para que o alumnado poida compartir o seu traballo, cheo de alegría e optimismo, co resto dos compañeiros.

Grazas a tod@s pola vosa colaboración.

Un saúdo.

Información para toda a comunidade educativa

Debido ao actual estado de alarma decretado, o CPI Virxe da Saleta permanecerá pechado á atención ao público os vindeiros 15 días. Para comunicar calquera incidencia ou consultar dúbidas poden utilizar as seguintes canles: Teléfono: 988282169, en horario de 10:00h a 13:00h. Correo electrónico:  cpi.saleta.sancristovo@edu.xunta.es

Os prodecementos de admisión e matrícula para o vindeiro curso 2020/21 quedan paralizados, interrompéndose o prazo para a presentación de solicitudes. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o estado de alarma ou as prórrogas deste.

Lembramos que a principal canle de comunicación entre profesorado e familias será o espazo ABALAR. 

O profesorado establecerá unha comunicación periódica con tarefas para o alumnado. É moi importante que todas as familias estean dadas de alta neste medio. Se tedes dúbidas ou problemas para conectarvos, podedes escribir un correo a tisccea@gmail.com ou chamar por teléfono no horario indicado.

Información importante a familias

IMPORTANTE
A TODAS AS FAMILIAS DO ALUMNADO DO CPI VIRXE DA SALETA
A dirección do Centro, atendendo as directrices recibidas por parte da Inspección Educativa da Consellería de Educación, informa de que mañá venres a asistencia a clases por parte do alumnado será voluntaria.
Por este motivo no Centro supéndense dende mañá exames, e clases dos programas Refórza-T e PRELIN.
Asimesmo comunicamos que dende o luns os centros educativos estarán pechados para o alumnado ata novo aviso.
Pregamos que estean atentos á pax web, facebook ou prensa.
O Equipo Directivo

Queremos ser o teu cole

 

Queremos ser o teu cole!

O Cole de Cea está listo para recibir novo alumnado e novas familias.

Solicita a túa praza entre o 1 e 20 de marzo a través da sede electrónica da Xunta ou na secretaría do centro.
O martes 3 de marzo de 15h a 17h recibímoste coas portas abertas e contámosche todo o que agarda por ti se queres formar da nosa Comunidade Educativa. E estes son os nosos motivos.

Instalacións

- Aulas amplas e todas dotadas de ordenador e encerado dixital interactivo.

- Dúas aulas de Informática, unha aula de inglés, dúas aulas de Pedagoxía Terapéutica e unha aula de Audición e Linguaxe.

- Departamento de Orientación para Ed. Infantil, Ed. Primaria e ESO.

- Laboratorio de ciencias.

- Taller de Tecnoloxía e Aula de Plástica.

- Ximnasio e Polideportivo.

- Espazo de convivencia.

- Amplas zonas deportivas e de lecer.

- Patio de Ed. Infantil pechado e con mobiliario axeitado e areeiro.

- Biblioteca escolar Ramón Caride con programación propia e organización de diferentes actividades.

- Recuncho lector.

- Horto escolar.

Niveis e horarios

Niveis educativos: Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

Horario do centro: 

Luns e martes de 9:30 a 16:40 h.

Mércores, xoves e venres de 9:30 a 15:50 h.

Servizos

- Comedor con cociña de xestión directa.

- Almorzos no cole: almorzo e custodia dende as 7:15 h.

- Actividades extraescolares ofertadas e xestionadas pola AF.

- Programa Reforza-T de 3º EP a 2º ESO ao finalizar a xornada escolar.

- Programa PRELIN, para 3º e 4º de ESO ao finalizar a xornada escolar.

- Saídas pedagóxicas e culturais (teatro, cine, exposicións, visitas…) en todos os niveis, programadas por trimestres.

- Organización de charlas temáticas para toda a comunidade educativa. 

- Celebracións abertas a toda a comunidade educativa (O Noso Nadal, Entroido, O Serán do Cole de Cea…)

 Proxectos de Centro

- Cole polo clima – Reciclamos o Noso Futuro.

- Proxecto ContoContigo.

- Plan Proxecta.

- Escola Titiriteira – Nas nosas mans, monicreques na aula.

- Radio escolar: Radio Roxar.

- Taller de canto coral e participación do alumnado en eventos como Ourencanto.

- Animación á lectura: Hora de Ler (Infantil e Primaria) e Club de Lectura (ESO).

Obxectivos permanentes de centro:

- Obxectivo FALAMOS BEN

- Obxectivo BOAS MANEIRAS

- Obxectivo EMOCEANTE

 E ademais:

- Moi bo ambiente de estudo e convivencia.

- Grupos reducidos.

- Excelente preparación e gran porcentaxe de éxito en etapas posteriores (Bacharelato, ciclos de Grao Medio e Superior).

- Ferramentas STEM: Robótica, Impresión 3D e Programación.

- Fomento do uso das TICs.

- Produccións audiovisuais (Un día, 50 anos, O Cole que mola, A lingua sabe a pan, Os xeranios do Sr. Alfonso, Cóntame e cántame avoa, Unha cuestión de educación…)

- Fomento de hábitos saudables e deportivos. Participación en competicións deportivas (Xogade)

- Participación destacada en certames nacionais e internacionais:

- Finalistas Rally Matemático Toulousse 2019.

- Finalistas Olimpiada de Historia.

- Diversos Premios en festivais de creación audiovisual nacionais e internacionais (Os Xeranios do Sr. Alfonso).

- Fomento das comptetencias e autonomía do alumnado, que participa activamente na organización do centro, asumindo responsabilidades e xestionando actividades.

 + Información

 

Información de matrícula

Información Matrícula Curso 2020/2021

Decreto 254/2012, do 13 de decembro: Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG)

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado (DOG)

Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos.

Calendario que se establece para o proceso de admisión do alumnado no curso 2019/2020:
• Reserva de praza para un centro adscrito 1 ao 15 de febreiro.
• Publicación de postos escolares vacantes, antes do 1 de marzo.
• Solicitude de Admisión do 1 ao 20 de marzo (previsión transporte escolar).
• Presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremo do 22 de marzo ao 5 de abril.
• Publicación de listaxes provisionais de admitidos e non admitidos antes do 25 de abril.
• Publicación de listaxes definitivas de admitidos e non admitidos antes do 15 de maio.
• Formalización de matrícula en Infantil e Primaria do 20 ao 30 de xuño
• Formalización da matricula en ESO e Bacharelato do 25 de xuño ao 10 de xullo
• Prazo extraordinario de formalización de matrícula en ESO e Bacharelato do 1 ao 10 de setembro.

Información Importante

1. Os Anexos I (reserva de praza nun centro adscrito) e Anexo II (solicitude de admisión) poderanse presentar a través da aplicación informática “admisionalumnado

2. Os alumnos que xa están matriculados neste Centro teñen, automaticamente, a reserva feita para o próximo curso 2020/2021. O único trámite que terán que facer será a formalización de matrícula a partir do 20 de xuño.

3. O alumnado ten garantía de permanencia nun centro, e se presenta solicitude noutro distinto ao que está, debe comunicalo ao centro de orixe.

4. No caso de solicitar a admisión noutro Centro para o próximo curso, deberá facer a solicitude de admisión en dito Centro no prazo establecido a tal efecto e presentar unha copia de dita solicitude nesta Secretaría.

5. Cada alumno/a só pode presentar una única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.

6. O Prazo de presentación de solicitude de admisión: do 1 ao 20 de marzo. (Presentar cumprimentado o Anexo II, copia do Libro de Familia e certificado do Expediente Académico se é o caso)

7. Despois do prazo de admisión publicaranse as distintas listas de admitidos/as, número de prazas ofertadas e datas para a formalización de matrícula, así como calquera outra información necesaria.

Podes descargar esta mesma información no seguinte PDF

INFORMACIÓN MATRÍCULA CURSO 2020/2021

Da Paz a Rosalía

Dende o equipo da Biblioteca Ramón Caride e o Equipo de Dinamización Lingüística do Cole de Cea, convidámosvos a participar na celebración de tan senlleiras datas.

1. Cada clase poderá participar escribindo cantos poemas desexe en cartolina de xeito cooperativo entre o alumnado.

2. Todos os traballos poderán ir acompañados de debuxos para ilustrar os versos.

3. A temática sobre a que deben versar os traballos, abranguerá temas como: a paz, o respecto, a igualdade, a tolerancia ou a diversidade.

4. O prazo para participar abrirase o Día da Paz (30 de Xaneiro) e pecharase o Día de Rosalía de Castro (24 de Febreiro).

5. Cada aula participante recibirá un agasallo.

 

Un mundo en paz

Só temos un planeta.
E queremos vivilo en paz.
Feliz Día Escolar pola NonViolencia e a Paz.

Distribuir contido


by Dr. Radut