Skip to Content

contador gratis para blog

O COLE DE CEA

Menú de novembro

Samaín no Cole de Cea 2024

Chegou o SAMAÍN ao cole! Que meeeedoooo!!!

AVISO: Comeza a época do Samaín no Cole de Cea, que culminará o 30 de outubro, día en que teremos un terrorífico programa preparado para aqueles alumnos e alumnas que se atrevan a vir ao cole... 

 Todo o centro se encherá de monstros, vampiros, pantasmas e meigas e, para deixar constancia, teremos un horripilante FOTOCOLE preparado. Tamén faremos unha espeluznante asamblea de seres monstruosos e de ultratumba no ximnasio, onde se poderán oír lúgubres cánticos e esgutíos horrísonos e, como fin de festa, recibiremos a aterradora visita dun... ...auténtico lobishome!!!, recén chegado da Serra do Faro.

 Os superviventes desta terrorífica xornada (se os hai) voltarán á casa no bus escolar, no horario habitual ou a cabalo das súas vasoiras e terán libre o día seguinte (31 de outubro) para podérense recuperar de tan terrorífica experiencia.

 

MENÚ OUTUBRO

MENÚ SETEMBRO 2024

CERIMONIA DE GRADUACIÓN E REMATE DO CURSO 2023-2024

Unha moi brillante cerimonia de graduación para o alumnado que rematou etapa (Infantil, Primaria e ESO) no noso centro puxo o broche de ouro a outro ano escolar no CPI “Virxe da Saleta”. 

 

 

 Agora toca descansar e recuperar forzas para o seguinte curso, pero, de momento, tal e como dicimos neste vídeo-resumo, o que vos desexamos é que alcancedes os vosos soños… comezando por un bo verán!

 

 

Modelo de autodeclaración COMEDOR curso 2024- 2025

No documento adxunto está o Anexo II de comedores correspondente ao modelo de autodeclaración para o curso 2024-2025. Recorden comprobar a renda do 2023 para cubrilo.

LISTAXE DOS LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024- 2025

Nos documentos adxuntos están os libros de texto que se usarán no curso 2024- 2025.

Coma sempre, recomendamos que as familias estean pendentes das comunicacións que o centro ou os/as docentes envíen con instrucións concretas e aclaracións sobre este particular, xa que hai algúns libros que non hai que mercar.

COLABORADORES DE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2024-2025

Xa saiu publicada a Instrucción 1/2024 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, do 1 de xuño, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2024-2025.

Podedes vir ao centro a cumplimentar ou entregar o ANEXO III que se adxunta a continuación. 

Engádese o anuncio de apertura de admisión (Anexo IV).

 

MENÚ DE XUÑO

Distribuir contido


by Dr. Radut