Skip to Content

contador gratis para blog

Menú Escolar XANEIRO 2022

DIVERNADAL- PIÑOR CONCILIA

O Concello de Piñor pon en marcha o programa de conciliación «Divernadal», que ofrecerá atención a nenas e nenos a partir de 4 anos, en horario de 10.00 a 14.00 horas no centro social.

Do 23 de decembro ao 7 de xaneiro.

SOLICITUDE DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO

Estimadas familias,

Saiu  publicada a orde para a distribución de máscaras entre o alumnado.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211112/AnuncioG0598-081121-0001_gl.pdf

O prazo de solicitude é do 15 ao 26 de novembro, unicamente de forma presencial no centro educativo.

A) NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

 B) TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE:

 

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:

 

- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. 

- Alumnado matriculado en educación especial.

- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%. 

 

Aquí poden atopar o ANEXO I e ANEXO II 

APOIEMOS Á PALMA

Os coles de Cea e Irixo, e os Concellos de Irixo, Piñor e Cea están a organizar unha actividade solidaria na que poderán participar de forma voluntaria todos os memsbros das comunidades educativas.
Entre o día 2 e 5 de novembro poñeranse a disposición das familias, profesorado e alumnado plátanos de Canarias por a cantidade simbólica de 1€ por plátano. O alumnado que queira participar, de maneira excepcional, poderá traer o diñeiro para cambialo por esa froita, a cal, pódena consumir no cole ou levala para a casa.
Así mesmo recolleranse cartas e debuxos de ánimo. O recaudado e as cartas serán enviadas ao Concello de Los Llanos de Aridane.
 
 

Queremos ser o teu COLE!!

Menú Escolar NOVEMBRO 2021

CONCURSOS DE SAMAÍN DO COLE DE CEA 2021

Chega o mes de novembro, o Samain e os concursos convocados polo EDL do centro, en colaboración coa Biblioteca Ramón Caride e a Radio Roxar. Este ano temos unha nova modalidade, ademáis das xa habituais. Podedes concursar con:

- Contos

- Banda Deseñada

- Debuxo

- Poemas

Podedes consultar as bases na seguinte ligazón : BASES CONCURSOS SAMAIN 2021

ABRE A BIBLIOTECA!!!

O próximo 25 de outubro abrimos as portas da vosa biblioteca escolar.

Por mor da covid non poderemos festexalo como nos gustaría: conxuntamente; así que iredes vindo consonte o horario estabelecido en cada grupo.           

                                 

En Primaria retomamos as "mochilas viaxeiras", que entregaremos en cada aula ao longo de semana, para que gocedes nas vosas casas de lecturas e filmes no tempo de lecer en familia.

Ao tempo, reactivamos o "pasaporte lector", que premiará as vosas lecturas cun pequeno agasallo.

Abrimos nesta data para coincidirmos (case, fallounos o festivo dominical, ui!) o Día das Bibliotecas, que se conmemora cada ano o 24 de outubro desde 1997, data da tráxica historia acontecida á biblioteca de Saraxevo durante a guerra dos Balcáns. Os esforzos por recuperar os restos da desfeita poden coñecerse nesta reportaxe de pouco máis de 6 minutiños:

Bosnia-Herzegovina: os libros rescatados de Saraxevo.

Os máis pequechos podedes entrar nestoutra ligazón, a un vídeo de animación no que se amosan as vantaxes e os perigos dos libros cando non saben usarse ao xeito:

El increíble niño comelibros.

E para os que prefiran a beleza plástica e musical, velaquí estoutra curtametraxe de animación:

Rachaelefo.

PLAN ADAPTACIÓN COVID CPI VIRXE DA SALETA- SETEMBRO 2021- version 5

Nova versión do PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID do centro que compartimos con toda a comunidade educativa, onde se recollen novas MODIFICACIÓNS, nesta ocasión identifícanse de cor VERDE.

 

Menú Escolar OUTUBRO 2021

Distribuir contido


by Dr. Radut