Skip to Content

contador gratis para blog

ABERTO O PRAZO PARA COLABORADORES DO COMEDOR ESCOLAR CURSO 23-24

Xa saiu publicada a Instrucción 2/2023 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do 1 de xuño, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2023-2024.

Abrimos o prazo para as persoas que queiran colaborar. Podedes vir  ao centro a cumplimentar ou entregar o ANEXO III. 

REMATE DO CURSO 2022-23 NO COLE DE CEA

Chegou a calor e, con ela chegou tamén o remate das actividades lectivas do curso 2022-2023 no Cole de Cea. 

Durante este tempo de verán, esperamos que a rapazada descanse e recupere forzas, despois destes longos meses de duro traballo escolar. 

Agora o cole está tristeiro, sen as risadas e a algarabía dos miúdos e miúdas, mais logo chegará setembro e con el un novo curso para vivirmos novas aventuras e desafíos.

 

Até entón!

 

O PICURÍ Nº 14 (2023)

O PICURÍ Nº 14

 

Na ligazón de arriba tedes para descarga o último número da nosa revista escolar, elaborada polo seguinte equipo creativo de alumnos/as:

  • Paula Álvarez Augusto
  • Iría Álvarez Conde
  • María Barrosa Fernández
  • Patricia Fernández Rodríguez
  • Laura García Pousa
  • Samuel Rodríguez Rodríguez
  • Lucía Vázquez González
  • Laura Vázquez Rodríguez

A portada, que quere ser unha homenaxe ao inestimable PATRIMONIO da nosa comarca, foi elaborada a partir das fotos enviadas para un concurso realizado para tal fin e no que participaron os/as seguintes alumnos/as:

  • Carlos Sánchez Paz 
  • Tamén participaron:
  • Ana Barrosa Fernández
  • Jimena Cerdeira Durán
  • Martín González Feijóo
  • Antón Manuel Fernández
  • Joaquín Novoa Gil

LIBROS DE TEXTO DE EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA 2023- 2024

Nos documentos adxuntos están os libros de texto que se usarán no curso 2023- 2024.

 Como sempre, recomendamos que as familias estean pendentes das comunicacións que o centro ou os/as docentes envíen con instrucións concretas e aclaracións sobre este particular, xa que hai algúns libros que non hai que mercar.

 

MENÚ DE XUÑO

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. FONDOLIBROS CURSO 2023- 2024

Os arquivos adxuntos teñen a información e o modelo a cubrir para a petición de libros e material escolar para o vindeiro curso. 

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE REMATA O 21 DE XUÑO PARA TODOS OS CURSOS, TANTO PRIMARIA COMO SECUNDARIA

 

 

Menú de maio

Bolsas para estudos postobrigatorios [2023-2024]

O Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) publicou, no BOE do 17/03/2023, o Anuncio da Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2023/24 para estudantes que cursen estudos postobrigatorios (universitarios, bacharelato e ciclos formativos de grao básico, medio e superior). Pode consultarse o texto completo da convocatoria nesta ligazón.

Prazo de solicitudes para o curso 2023/24: do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023.

Procedemento exclusivamente telemático a través da Sede Electrónica do MEFP.

Máis información no Portal de bolsas do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

Menú abril

 

PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

Comenzou o prazo de solicitude de matricula para o curso 2023-24. Do 1 ao 20 de marzo o alumnado debe solicitar admisión no centro no que quere estudar, se se atopa nun destes dous casos:

 - Alumnado que se incorpora por primeira vez

 - Alumnado que cambia de centro.

Para o procedemente tedes que cubrir o formulario que vai adxunto, imprimilo e traelo ao centro. Tamén podedes facelo a través da sede electrónica (podedes consultar o manual no adxunto)

 

Distribuir contido


by Dr. Radut