Skip to Content

contador gratis para blog

Calendario escolar curso 2022-2023

FELIZ VERÁN!!!

Agora que comeza o verán, desde o Cole de Cea queremos que vós, a nosa comunidade escolar, gocedes de moitas e boas experiencias: que vos divirtades, que bailedes, exploredes, viaxedes, paseedes, leades, compoñades poemas... Que tamén vos aburrades un chisquiño para acender a chispa da imaxinación; e así, á volta, traiades unha bolsa chea de experiencias, de ideas, de suxestións e moitas historias que contar a profes e amigos.

 O voso cole estará aquí, para recibirvos, como sempre, coas portas abertas.

 

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE COLABORACIÓN NO COMEDOR

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CPI VIRXE DA SALETA, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2022-2023.

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2022/2023, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2022, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2022.

Durante o curso escolar 2022-2023  só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

Para máis información, chamade ao centro no teléfono 988783030 en horario de mañá.

SOLICITUDE DA PRAZA DE COMEDOR E COLABORACIÓN CURSO 2022-2023

INSTRUCIÓN 3/2022, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN INDIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2022-2023ABERTO PRAZO DE ADMISIÓN PARA COLABORADORES/AS DO SERVIZO DE COMEDOR 

A continuación podedes descargar os documentos correspondentes para a solicitude de comedor e o impreso de colaboración; unha vez cubertos poderanse entregar no centro ata o día 16 de xullo ou do 1 ao 8 de setembro do 2022.

Achegamos tamén instruccións para cubrir o anexo II de solicitude.

LIBROS DE TEXTO DE EDUCACIÓN INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA 2022- 2023

 No documento adxunto están os libros de texto que se usarán no curso 2022- 2023.

Menú escolar XUÑO 2022

AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR. FONDOLIBROS CURSO 2022- 2023

Os archivos adxuntos teñen a información e o modelo a cumplimentar para a petición de libros e material escolar para o vindeiro curso. 

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE REMATA O 22 DE XUÑO PARA TODOS OS CURSOS, TANTO PRIMARIA COMO SECUNDARIA

 

                                               CLICA NOS ADXUNTOS

Menú escolar ABRIL2022

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

Xa comezado o período de admisión para o curso 2022-23, o Cole de Cea quere invitarvos ás xornadas de portas abertas e, así, visitar, preguntar o que queirades e valorar matricularse no noso centro.

As datas para as visitas son:

MÉRCORES 9 DE MARZO DE 16:00 A 17:30

XOVES 10 DE MARZO DE 16:00 A 17:30

Para acceder ao centro tedes que solicitar cita no teléfono 988783030.

Toda a información da matrícula tédela premendo no enalce

Non dubidedes en visitarnos. Estamos desexando vervos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut