PROXECTO RÍOS 2016/2017

Aquí vos deixamos o vídeo realizado polo coordinador do Proxecto Ríos (PLAN PROXECTA) das actividades realizadas ao longo deste curso. Esperamos que vos guste...

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2017/2018

Resultado de imagen de LIBROS DE TEXTOEn arquivo adxunto podedes consultar as listaxes de libros de texto para o vindeiro curso.

EXPOSICIÓN DE OBRAS DE REBECA VILLARES

O CPI Luis Díaz Moreno informa que ao longo da vindeira semana (do 19 ao 22 de xuño) , no corredor central do cole, hai unha exposición de obras realizada por Rebeca Villares (nai de Antón e Noa, alumnos do centro).

Agradecemos á autora dos cadros a súa xenerosidade e felicitámola pola súa arte...

 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!

 

 

COMEDOR ESCOLAR CURSO 2017/2018

 

 

INSTRUCCIÓN 4/2017 , DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U, DO 30 DE MAIO, SOBRE O FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN DIRECTA NO VINDEIRO CURSO.

Informamos que xa están a disposición das familias os modelos para solicitar praza no comedor escolar no vindeiro curso para alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria e ESO.

Así mesmo, aqueles pais/nais que desexen colaborar no comedor escolar no vindeiro curso, poderán anotarse na Secretaría do centro ata o 11 de setembro de 2017.

 

Para máis información, poden chamar por teléfono ou preguntar na Secretaría do centro.

TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2017/2018

Resultado de imagen de TRANSPORTE ESCOLAR

INSTRUCCIÓN 6/2017 DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E O.U, DO 30 DE MAIO, SOBRE A XESTIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR NO CURSO 2017/2018

 

Infórmase ás familias que desexen solicitar algunha modificación das paradas ou solicitude de nova parada, que no centro están os modelos para facelo a súa disposición na Secretaría do Centro

Prazo de presentación de solicitudes :

Educación Infantil e Primaria: ata o 17 de xullo

Educación Secundaria Obrigatoria: ata o 26 de xullo

INSTRUCCIÓN CONXUNTA 9/2017 DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA E DA DIRECCIÓN DE CENTROS E RECURSO HUMANOS

 

Segundo instrución conxunta 9/2017 sa Secretaría Xeral Técnica e da Dirección de Centros e Recursos Humanos, pola que se establecen recomendacións sobre a saída dos alumnos/as escolarizados nos centros educativos públicos da comunidade autónoma galega ao remate do horario lectivo e sobre a recollida deles nas paradas establecidas no transporte escolar.

1º. RECOMENDACIÓNS APLICABLES A ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL, EDUCACIÓN ESPECIAL E 1º, 2º, 3º E 4º EDUCACIÓN PRIMARIA.

RECOLLIDA AO REMATAR AS CLASES OU EXCURSIÓNS

-O alumnado será recollido nas instalacións do centro educativo polas persoas identificadas como responsables no horario fixado.

-Poderase autorizar formal e expresamente a outra persoa adulta ou a un irmán/á que curse 5º, 6º Educación Primaria ou ESO a recoller aos pequenos, cubrindo unha ficha cos datos persoais da persoa autorizada e entregando no centro de ensino.

-No suposto de pais e nais separados ou divorciados, seguirase as determinacións previstas na sentenza xudicial, convenio regulador ou acordo provisional que terán que presentar no colexio.

-O alumnado permanecerá custodiado no centro o tempo que en cada caso se considere prudencial, a partir do horario de recollida fixado. Os responsables da recollida dos nenos/as terán obriga de comunicar ao centro calquera demora que poidan sufrir, de non contactar con eles nun período inferior a 30 minutos, remitirase á Policía Local ou Garda Civil.

-En todo caso, os escolares non poderán ausentarse do centro antes da hora prevista para as distintas saídas,agás que os seus responsables así o comuniquen de xeito motivado no centro, e recollan o alumnado eles mesmos ou persoas autorizadas.

RECOLLIDA NAS PARADAS DE TRANSPORTE ESCOLAR

-O alumnado transportado deberá ser recollido nas paradas polas persoas responsables, os cales comunicarán ao centro educativo os seus teléfonos de contacto.

-Poderase autorizar a outros adultos ou irmáns maiores entregando nos centros as correspondentes autorizacións expresas para o efecto.

-Os autobuses esperarán nas paradas como máximo 5 minutos, tras do cal continuarán co seu itinerario levando consigo aos escolares non recollidos.

-No supostos de escolares non recollidos nas paradas, os acompañantes chamarán aos teléfonos facilitados polas familias para que acudan as seguintes paradas de ruta ou nas dependencias das empresas.

 

2º. RECOMENDACIÓNS APLICABLES A ALUMNADO DE 5º E 6º EDUCACIÓN PRIMARIA E ESO

RECOLLIDA AO REMATAR AS CLASES OU EXCURSIÓNS

-Os escolares poderán saír no horario previsto, sós do colexio, sempre que os seus pais, nais ou titores legais, presenten ante a Dirección do centro unha autorización expresa ao respecto, eximindo a Consellería de calquera responsabilidade, por danos ou lesións indemnizables que poidan sufrir os escolares.

RECOLLIDA NAS PARADAS DE TRANSPORTE ESCOLAR

-Os escolares poderán baixar sós nas paradas de transporte escolar sempre cas persoas responsables presenten no centro unha autorización expresa ao respecto, que eximirá á Consellería de calquera responsabilidade por danos ou lesións indemnizables que poidan sufrir os escolares.

Atentamente,

 

A dirección

 

EN ARQUIVO ADXUNTO PODEDES ATOPAR OS MODELOS DE AUTORIZACIÓNS PARA CUMPLIMENTAR E ENTREGAR NO CENTRO

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

No DOG do día 22 de maio de 2017 pubícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

O prazo de presentación das solicitudes remata o 23 de xuño (deberán presentarse na Secretaría do centro)

 

HORARIO MES DE XUÑO 2017

 

Resultado de imagen de horario

O Cpi Luís Díaz Moreno de Baralla comunica que o vindeiro xoves día 1 de xuño, empezamos co horario matinal: 

- Hora de entrada: 10:10 horas

-Remate das clases: 15:10 horas

- Hora de saída do transporte escolar: 16:10 horas

LETRAS GALEGAS 2017

O pasado venres 12 de maio, celebramos no cole o Día Das Letras Galegas cun festival cheo de traballo do alumnado que estivo guiado polo seu profesorado. Todo o traballo se desenvolveu con moita imaxinación e un chisquiño de lembranza!!  Velaí unhas imaxes...

 

 

 

 

 

COLABORAMOS COA PROTECTORA DE ANIMAIS LUCENSE

Ao abeiro do Plan Proxecta, o alumnado de 4º e 6º de Educación Infantil están a traballar nun proxecto titulado" coidamos os animais"; deste xeito o día que fixeron a visita á Protectora de animais lucense, decatáronse das necesidades desta e decidimos axudalos!!!

Por iso se está a levar a cabo no centro unha recollida de donativos para a Protectora!! Animádevos a colaborar!!

 

 

Resultado de imagen de protectora de animales lugo

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet