Durante as semanas anterior e seguinte ao entroido estiveron expostas fotos de diferentes manifestacións do singular Entroido galego, amosando moitas das súas diferentes manifestacións segundo as zonas. As pantallas de Xinzo de Limia, os peliqueiros de Laza, o cigarrón de Verín, o boteiro e so folións de Viana do Bolo, as madamas e galáns de Cobres, o oso de salcedo, as bonitas de Sande ou os volantes do Entroido Ribeirao desfilaron polo taboleiro do EDLG.