O programa "Matemáticas na rúa", iniciativa da concelleiría de educación do Concello de Lugo coordinada por Victor Pollán - profesor no IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz - tivo lugar o mércores 13 de maio en Lugo.
No programa participaron 416 alumnos e alumnas, de 16 centros educativos da provincia e un de As Pontes, en tres categorías: primaria, primeiro e segundo ciclo de ESO.
Por suposto, participaron alumnos e alumnas do noso colexio e na categoría de segundo ciclo de ESO, acadaron dous dos tres primeiros premios:
Noraboa a todo o alumnado participante.