RENOVACIÓN MEMBROS CONSELLO ESCOLAR 2014

Hoxe mércores día 5 de novembro constituiuse a Xunta Electoral do centro para regular o proceso de renovación de membros do consello escolar.

Quedou conformada do seguinte xeito:

  • Presidente: Dª Vanessa De Arriba Villares directora do centro
  • Vocais:

       - Mª Fe Vilares Álvarez (  Mestra e secretaria da XE)

       - Elena Lupu ( pais/nais)

       - Manuel Vilela Fernández (PAS)

       - Silvia Parrado Álvarez  ( alumnado)

A Xunta Electoral procedeu a aprobar o seguinte calendario electoral:

  1. Do 7 ao 17 de novembro prazo de presentación de candidaturas  ( o modelo para presentar candidatura está na secretaría do centro)
  2. Día 18 de novembro proclamación de candidaturas por sectores de representación, aprobación definitiva de censos resoltas as posibles reclamacións, aprobación do modelo de papeletas e sobres e sorteo público de membros das mesas electorais.
  3. Día 27 de novembro as VOTACIÓNS :

        - alumnado de 12,45 a 13,15 horas

        - pais/nais de 15,00 a 16,00 horas

 

 

    4. Día 28 de novembro ás 09;30 horas en claustro extraordinario votación dos profesores/as.

 

    5. Día 1 de decembro proclamación de candidatos electos e traslado á Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria das copias de actas das votacións.

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet