Cada imaxe co seu texto

"CADA OVELLA COA SÚA PARELLA" é o concurso que preparamos para E. Primaria o ano do Proxecto Documental "As viaxes". Como o seu nome indica e se pode apreciar na imaxe, trátase de relacionar parellas de libros de viaxes co texto correspondente a cada un. A tal efecto elaboráronse en cartolina unha serie de imaxes da cuberta dos libros da exposición do PDI por unha banda; paralelamente outras tantas cartolinas cun texto de cada libro. O concurso consiste en facer o maior número posible de parellas imaxe-texto e colocalas nos paneis á carón do nome de cada equipo. Sobra dicir que o concurso é por equipos e gaña o equipo que máis parellas consiga. Como hai dous niveis ben diferenciados, elabóranse cartolinas en dúas cores distintas, unha para cada nivel.

Adxuntamos mostra das cartolinas.

Powered by Drupal - Design by artinet