Co San Martiño os trompos saen ao camiño e por iso dende psicomotricidade e Educación Física estivemos a traballar con este recurso. Primeiro xogamos coas peonzas e buxainas e posteriormente creamos a nosa propia buxaina con materiais de refugallo, CDs e tapóns de botellas.
Preme na buxaina para ver máis imaxes con este recurso.
|
|||
Un dos obradoiros levados a cabo dende Polos Creativos e coa colaboración da biblioteca do centro centrouse no traballo da obra de Edvard Munch "El grito". Deste xeito deuse resposta ao PDI “ Os movementos artísticos” e ao centro de interese do “Samaín”, para elo caracterizámonos, tablets nas mans e a traballar. Quitamos unha fotografía imitando a persoa representada no cadro e empregamos a aplicación RemoveBg para quitarlle o fondo e engadirlle o do cadro real. |
|||
A última semana de outubro celebramos no centro o Samaín. Foron diversas as actividades levadas a cabo a nivel centro, entre elas destacamos o "Túnel do terror e o conxuro", unha das que máis expectación causou entre os cativ@s. Tivemos a visita dunha personaxe propia desta época como é a Santa Compaña que aterrou a grandes e pequenos. Tamén se retomou a decoración de cabazas, este ano tendo en conta os diferentes estilos artístícos: Cubismo, Impresionismo, Surrealismo e Pop Art.
E por último, en colaboración coas familias e relacionado co Proxecto Documental Integrado, Os movementos artísticos, elaboráronse cadros terroríficos que decoraron os corredores. Se os queres ver preme na seguinte palabra:
|
|||
O pasado 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares no centro, e que mellor maneira de facelo que dando a coñecer o novo Proxecto Documental Integrado "MOVEMENTOS ARTÍSTICOS", que se desenvlverá ao longo do deste curso escolar, o cal une a paixón pola lectura coa creatividade e a arte. Cada aula sumouse a esta iniciativa e decorou a porta da súa clase inspirándose no movemento artístico que se lle asignou. O resultado foi espectacular e os corredores do colexio agora vense cheos de cor, imaxinación e creatividade.
|
|||
O alumnado de 3º de Educación Primaria levou a cabo unha saída ao auditorio de Santiago de Compostela para desfrutar dun concerto didáctico.
|
|||
No seguinte arquivo adxunto poderán acceder a información relativa ao inicio do presente curso escolar 2024-2025.
|
|||
En arquivos adxuntos poderán descargar os menús correspondentes ao primeiro trimestre.
|
|||
No seguinte enlace poderán acceder ao calendario escolar do curso 2024-2025 |
|||
|
|||
Como producto final do programa Polos Creativos, elaborouse unha maqueta na que se recollen por medio de códigos QR, a gran maioría das actividades levadas a cabo para dar resposta aos obxectivos do Proxecto Documental Integrado, Galicia.
|
|||
O alumnado de 6º de Educación Primaria, participou nun obradoiro de regueifas que se levou a cabo na aula de música.
|
|||
Os rapaces e rapazas do 1º ciclo de Educación Primaria, aproveitando o bo tempo, decidiron saír facer un tramo do Camiño de Santiago, ataviados con algún dos elementos da vestimenta do traxe de peregrino que eles mesmos confeccionaron.
|
|||
|
|||
Este mes de xuño, foi un mes de moitas saídas, e por iso os rapaces e rapazas do segundo ciclo de Educación Primaria, fixeron unha a Vilagarcía de Arousa, onde puideron mariscar e dar un paseo no tren turístico para coñecer un pouco da cidade. Fai Click no nome para acceder ao contido da saída. |
|||
|
|||
Como colofón final do programa Mestres Gandeiros, os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de desfrutar dunha xornada nos Ancares, de man da cooperativa a Carqueixa. Unha experiencia inolvidable na que puideron coñecer o ritmo de vida da zona, degustar alimentos que eles mesmos producen, ver as vivendas típicas da zona, así como, descubrir a flora e fauna. Preme na seguinte imaxe para comprobar o desenvolvemento da saída.
|
|||
Os rapaces e rapazas de 4º A, estiveron a indagar sobre os diferentes homenaxead@s ourensáns no Día das Letras Galegas, excepto Luisa Villalta, que é coruñesa. O resultado desta investigación amósase a continuación.
|
|||
O alumnado do centro participou nun programa especial de radio, en colaboración con Radio Estrada, polo día das Letras Galegas, que este ano 2024, se lle adica a Luisa Villalta. Premede no nome da autora para escoitalo.
|
|||
Abríuse o prazo para solicitar axudas para libros e material escolar e para participar no fondo solidario de libros de texto:
Toda a información está dispoñible na Orde do 7 de maio de 2024. Solicitude (co anexo II incluido). |
|||
O alumnado de Educación Primaria, realizou unha saída didáctica ao "Castro Deza" de Lalín, espazo museográfico baseado nas novas tecnoloxías, atractivo e innovador, orientado a conservación, divulgación e posta en valor do rico patrimonio paisaxístico, cultural e gastronómico que atesoura a nosa comarca. Alí os cativ@s puideron experimentar a cultura castrexa dun xeito diferente. Preme no nome do lugar para comprobar o desenvolvemento da actividade.
|
|||