blogue deveronicasimon |
Nos días pasados estivemos traballando na sesión de TICS os diferentes movementos artísticos empregando como recurso as tablets. Démoslle cor a diferentes obras e creamos diferentes retratos cubistas.
|
|||
Outra das actividades levadas a cabo no Samaín, neste caso para traballar a robótica, foi o emprego dun novo robot “Earl” enviado ao centro, dentro das novas partidas de dotamento da Consellería, dende o programa “Polos creativos”. Así pois, Earl axudounos a resolver todos os enigmas que o taboleiro agochaba, moitos deles plasmados en códigos Qr, polo que tivemos que empregar a tablet para ler os mesmos e ver cal era o misterio que entrañaban. E como o fixemos súper ben, a recompensa chegou, despois das palabras máxicas desta época do ano dicir, “Truco ou trato”, o cofre abrímos e o que alí se agochaba descubrimos.
|
|||
O alumnado de Educación Infantil levou a cabo unha actividade na que traballaron por estacións, desenvolvendo actividades propias do Samaín e ambientando o espazo con luz negra, a cal se utiliza en espazos escuros para resaltar algunas cores sobre outras, acadando efeitos sorprendentes como os que podedes ver a continuación. |
|||
O programa "Mestres Gandeiros" adaptouse de xeito significativo a temática do Proxecto Documental Integrado desenvolto no centro: GALICIA, tal e como se reflexa na revista interactiva escolar, que se elabora anualmente.
|
|||
Nunha das visitas ao centro dunha das avoas, aludiu ao traballo que tiña que realizar dende ben pequena, o que moitas veces lle impedía ir a escola, e entre as actividades a levar a cabo, xurdiu a tarefa de ir lavar a roupa, que a familia tecía con lá de ovella, liño... ao lavadoiro, con xabón que eles mesmos facían. Este aspecto despertou curiosiade nos cativ@s, e xurdiron moitas preguntas: como facían o xabón? como tecían a roupa? informándonos sobre o proceso do traballo do liño e da lá. Así como actividade final deste aspecto, elaboramos xabón como o facían antigamenta, e aproveitando o bo tempo do mes de xuño dispuxémonos a lavar no lavadoiro, coñecendo outro oficio relacionado coa obtención de materias primas da ganderia e agricultura o das "LAVANDEIRAS". |
|||
Partindo dunha canción como é "A horta de Balbina" de SONÁRBORE, os nenos e nenas realizaron unha coreografía caracterizados de agricultores e agricultoras, polo día da actividade do Paraugas Literario que se celebra no centro, integrando o programa Mestres Gandeiros no desenvolvemento do proceso de ensino - aprendizaxe. Comproba de primeira man o desenvolvemento da mesma. |
|||
Como colofón final do programa Mestres Gandeiros, os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de desfrutar dunha xornada nos Ancares, de man da cooperativa a Carqueixa. Unha experiencia inolvidable na que puideron coñecer o ritmo de vida da zona, degustar alimentos que eles mesmos producen, ver as vivendas típicas da zona, así como, descubrir a flora e fauna. Preme na seguinte imaxe para comprobar o desenvolvemento da saída.
|
|||
O noso horto xa comezou a dar os seus primeiros froitos, por iso, nas aulas 1, 4, 5 e 6, comezamos a degustar algúns dos productos que dela saen, como a leituga. Con ela fixemos unha boa ensalada, que comemos na hora da merenda, e para facela máis atractiva engadímoslle ingredientes coma olivas, millo…
|
|||
O alumnado da aula 4 de Educación Infantil, realizou un vídeo informativo sobre o horto, baseándose na experiencia adquirida durante o desenvolvemento deste programa e na do seu propio contexto familiar. Preme na palabra HORTO para ver o mesmo.
|
|||
Deténdonos na gandería ovina, tivemos a oportunidade de participar nun obradoiro de elaboración de queixo fresco con leite de ovella, unha actividade que suscitou moito interese nos máis cativ@s.
Tamén podes ver o desenvolvemento de toda a actividade facendo click na palabra QUEIXO. |
|||
A semana pasada, despois de traballar na aula as razas autóctonas de Galicia levamos a cabo unha saída a feiro da Semana Verde para ver exemplares das mesmas de primeira man. Somos felices vendo animais!
|
|||
En Galicia a horta de pequena extensión recibe tamén o nome de horto. Este ano no centro, puxemos mans a obra, e configuramos un, ao abeiro do programa "Mestres Gandeiros". Os cativ@s puideron coñecer aspectos referentes a esta temática, como cales adoitan ser os principais cultivos dos hortos e que podemos resumir en catro: hortalizas, verduras, legumes e, as veces, árbores froiteiras. Tendo en conta todo isto decidimos, reproducir en 3D, empregando o lapis 3D, algunha das prantadas, como por exemplo os tomates ou as cebolas.
|
|||
O alumnado do centro participou nun programa especial de radio, en colaboración con Radio Estrada, polo día das Letras Galegas, que este ano 2024, se lle adica a Luisa Villalta. Premede no nome da autora para escoitalo.
|
|||
Partindo dunha caixa de zapatos de cartón e despois da visita ao acuario da Coruña, os máis pequenos do cole, decidiron construir o seu propio acuario.
|
|||
Entre as tarefas que tivemos que levar a cabo atopámonos coa creación de letreiros para a maqueta de Galicia coa impresora 3D. Para comezar o traballo con esta ferramenta profundizouse no seu modo de uso, formando a coordinadora ao alumnado interesado. Traballamos co programa Tinkercad e Creality para realizar o deseño dos letreiros.
|
|||
O noso producto final empeza a tomar forma. Así, esta maqueta recolle o traballo anual que se levou a cabo no centro relacionado co Proxecto Documental Integrado, e para o que no seu desenvolvemento tivo certa relevancia este curso os Polos Creativos, traballando da man todas as coordinacións do centro, para así poder chegar a un obxectivo común : coñecer a nosa comunidade. Pero, para dar forma a este traballo, temos que facer un recollecemento a todo o alumnado e profesorado que se prestou a participar en tal fin. Posto que para ir chegando a esto, pasamos por diferentes fases de traballo coma por exemplo, o emprego de lápices 3D para elaborar as frechas, ou os nomes das provincias,
|
|||
Os rapaces e rapazas de 6º de Educación Primaria, estiveron a indagar sobre a cultura castrexa en Galicia. Unha vez que completaron a fase de indagación, levaron a cabo unha saída ao museo de Castro Deza en Lalín, onde interiorizaron determinadas estratexias que lle permitisen crear eles e elas o seu propio poboado castrexo, un traballo colaborativo, que complementaron coa creación do vídeo que se presenta a continuación. Preme na seguinte palabra para visionalo. |
|||
|
|||
|
|||
En Galicia a horta de pequena extensión recibe tamén o nome de horto. Este ano no centro, puxemos mans a obra, e configuramos un, ao abeiro do programa "Mestres Gandeiros". Os cativ@s puideron coñecer aspectos referentes a esta temática, como cales adoitan ser os principais cultivos dos hortos e que podemos resumir en catro: hortalizas, verduras, legumes e, as veces, árbores froiteiras. Tendo en conta todo isto decidimos, reproducir en 3D, empregando o lapis 3D, algunha das prantadas, como por exemplo os tomates ou as cebolas.
|
|||
- 1
- 2
- 3
- seguinte ›
- última »