Outra das actividades levadas a cabo no Samaín, neste caso para traballar a robótica, foi o emprego dun novo robot “Earl” enviado ao centro, dentro das novas partidas de dotamento da Consellería, dende o programa “Polos creativos”. Así pois, Earl axudounos a resolver todos os enigmas que o taboleiro agochaba, moitos deles plasmados en códigos Qr, polo que tivemos que empregar a tablet para ler os mesmos e ver cal era o misterio que entrañaban. E como o fixemos súper ben, a recompensa chegou, despois das palabras máxicas desta época do ano dicir, “Truco ou trato”, o cofre abrímos e o que alí se agochaba descubrimos.
|
|||