Espazos

DEPENDENCIAS DA NOSA BIBLIOTECA

A nosa biblioteca dispón de dúas zonas principais: a ZONA DE PRIMEIROS LECTORES, onde os cativos se inician neste proceso de lectura, e a ZONA DE LECTORES EXPERIMENTADOS, onde os mais maiores continúan vivindo as aventuras que os libros proporcionan.


 

Este é un espazo de aprendizaxe onde a imaxinación é mais que benvida.

ZONA PRIMEIROS LECTORES

ZONA LECTORES EXPERIMENTADOS

 

 

A NOSA BIBLIOTECA

 

DISTRIBUCIÓN DA BIBLIOTECA

 

1.  PLANO DA BIBLIOTECA COA REDISTRIBUCIÓN DOS ESPAZOS.

Nos cursos anteriores fíxose unha distribución do espazo moi acertada, ubicando os fondos para os primeiros lectores (3-6 anos) no espazo conxunto á biblioteca e que antes se empregaba como ludoteca, de modo cas dúas zonas están comunicadas por unha porta e, polo tanto, unidas, e os materiais están perfectamente ubicados e separados para o seu fácil uso. Deste modo, os libros para a iniciación á lectura poderán ser collidos facilmente polos/as alumnos/as e están separados do resto para evitar confusións na colocación.

 

Na parte central continuouse coa ubicación das mesas de lectura e as cadeiras e preto da entrada colocouse o moble-expositor onde se foron colocando as diferentes novidades e volumes temáticos, denominado “Moble de novidades e exposicións”, para que estivera ó alcance de tódolos usuarios.

Existe un moble destinado á organización do traballo de equipo de biblioteca, o cal se dividiu en diferentes espazos destinados ás distintas tarefas: forrado dos libros, rexistro de entrada, rexistro informático, colocación nos estantes… Este moble ademáis tamén ten a finalidade de albergar revistas de diversa índole.

 

 

Mantívose a ubicación das dúas mesas cos ordenadores centrais para a catalogación informática dos libros. Os postos de informática seguen a disposición dos mestres e alumnos na xornada de mañán (agás no recreo) e polas tardes de 15:30 horas a 17:30 horas.

                                  

2. ETIQUETADO DOS ANDEIS

En base ó traballo laborioso do etiquetado, seguiuse coa clasificación e ordenación dos volumes que quedaban por catalogar e os de nova adquisición.   Tomamos de referencia os códigos da CDU, seleccionando os números máis apropiados en torno ás nosas circunstancias, e organizamos os volumes nos grupos de idade dos lectores atendendo ás seguintes cores de pegatina:

 

-      Primeiros lectores (3-6 anos): pegatina verde.

-      Lectores de 1º ciclo (7 anos): pegatina fucsia.

-      Lectores de 2º ciclo (8-9 anos): pegatina azul.

-      Lectores de 3º ciclo (10-11 anos): pegatina vermella.

 

BIBLIOTECA

O servizo de biblioteca deixarase de ofertar no mes de xuño. 

Agradecemos a tódolos pais- nais e alumnos que fixeron uso do servizo a súa colaboración e esperamos retomar o servizo no vindeiro curso.

Desfrutade do verán.

Distribuir contido