Taboleiro

INFORMACIÓN INICIO DE CURSO

No seguinte arquivo adxunto poderán acceder a información relativa ao inicio do presente curso escolar 2024-2025.

 

 

INFORMACIÓN INICIO DE CURSO 2023-2024

No seguinte arquivo adxunto poderán acceder a información relativa ao inicio do presente curso escolar 2023-2024.

 

Festa de remate do curso

No día de hoxe celebramos a festa de remate do presente curso escolar con inchables e variados xogos para todos/a.

 

 

 

INTERRUPCIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 interrómpense o prazo para a presentación de solicitudes para o proceso de admisión de alumnado.O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

 
 

  

SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVA

O Presidente da Xunta de Galicia anunciou o pasado 12 de marzo a suspensión de toda a actividade lectiva nos centros de ensino de Galicia. O día 15 de marzo publicouse no BOE o Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19. Sabemos que a batalla contra esta pandemia depende en gran parte da nosa capacidade para limitar os desprazamentos e as interaccións durante o tempo que sexa necesario. En consecuencia, establecemos as seguintes pautas de actuación ata novo aviso: 

1. O centro  atenderá todas as xestións administrativas de xeito telemático. De todas formas, cómpre lembrar que os prazos dos procesos que estaban en marcha se interrompen ata a volta á normalidade, tal e como se recolle na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020. Pola súa parte, a Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional publicou unhas instrucións  nas que se aclara que se amplía provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión, que finalizará unha semana despois do reinicio das clases.

2. O profesorado enviará,  por medios telemáticos, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.

3. A comunicación coa comunidade educativa xestionarase a través do correo electrónico do centro (ceip.silleda@edu.xunta.es), no que atendemos permanentemente. A atención telefónica xestionarase a través do 886151696 en horario de 10.00 h a 13.00 h.

APRENDENDO A SER CONFERENCIANTE

Comezamos esta singladura no primeiro trimestre do ano 2019.

Dende o Equipo de Biblioteca estamos levando a cabo un proxecto a longo prazo no que os propios alumnos son protagonistas da actividade. 

Coa participación das familias, alumnado e profesorado, os conferenciantes deseñan material gráfico para as súas intervencións. O tema é elixido polos alumnos e, despois de deseñar o cartel anunciando a conferencia, a biblioteca facilita as instalacións e o equipamento durante o recreo para levar a cabo a actividade. Outra modalidade para os máis inexpertos é escanear libros de lectura e comentalos co apoio da pantalla.

O obxectivo final é traballar as habilidades de expresión e exposición diante do público, así como a pescuda e organización de información.

No primeiro trimestre traballáronse os seguintes temas:

Cabalos (6º Primaria),a goma de borrar, a luz, o lápis,os colectores (Infantil), animais domésticos (6ºPrimaria).

1º PREMIO MELLOR CÓMIC. CATEGORÍA EDUCACIÓN PRIMARIA

Premer na imaxe para ver o cómic gañador "A lenda de Penadauga".

1º PREMIO MELLOR CÓMIC. CATEGORÍA EDUCACIÓN INFANTIL

Para ver o traballo destes artistas prema na imaxe.

CONCURSO DE COMICS

A proposta, por parte do xurado, da adxudicación dos premios do I Concurso de Cómic da Biblioteca Municipal "Daniel Castelao" foi:

- Na categoría de EDUCACIÓN INFANTIL:

1º premio mellor cómic para "As viaxes de Ambrosio por terras de Silleda" (CEIP DE SILLEDA)

- Na categoría de EDUCACIÓN PRIMARIA:

1º mellor cómic para "A lenda de Penadauga" (6º CEIP DE SILLEDA)

2º mellor guión para "A conta atrás" (6º CEIP RAMÓN DE VALENZUELA)

3º mellor ilustración para "A mellor tortilla" (5º CEIP SILLEDA)

 

O CEIP de Silleda fíxose con 3 premios, parabéns a tódolos premiados e para aqueles alumnos/as que participaron no concurso.

 

Ao longo da semana iremos poñendo os cómics participantes.

 

Distribuir contido