Novas

DÍAS PARA O INICIO DO CURSO 2022-23

DÍAS PARA O INICIO DO CURSO 2022-23

Xoves, 8 de setembro:

Inicio das clases en Ed. Primaria e Ed. Infantil.

 Entradas ao centro:

 A entrada do alumnado ao centro realizarase do seguinte xeito:

A) Alumnado transportado:

 Accederá polo portalón principal de acceso ao centro (avenida do Recinto Feiral).

B) Alumnado non transportado:

 Accederá polo portal situado preto das instalacións da gardería “Galiña Azul (rúa da Estación). Este portal abrirase ás 8:45 horas. O alumnado de Ed. Infantil das aulas 1,4,5 e 6 entrarán pola porta a carón do edificio de Ed. Infantil.

 Saídas do centro:

A saída do alumnado farase como segue:

 A) O alumnado, que saia ás 13:55 horas, farao polo portalón principal de acceso ao centro, agás o alumnado dos grupos 1,4,5 e 6 de ed. infantil que o farán pola porta de infantil.

 B) O alumnado,  non transportado no autobús escolar, que saia ás 14:50 horas, sairá polo portal situado preto das instalacións da gardería “Galiña Azul.

 

 No seguinte enlace poderán acceder a unha importante información sobre o inicio de curso.

Enlace: https://www.dropbox.com/s/g54r880opqo9jgc/Informacion_familias1.pdf?dl=0

AXUDA ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO BENEFICIARIO DAS BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR EN SUSPENSIÓN POLO COVID-19

A Conselleria de Educación publica as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19.

Na seguinte ligazón poden atopar un resumo da orde para solicitar a axuda: 

https://www.dropbox.com/s/2y6ypacw4b0mdtl/AXUDAS%20COMEDOR%20ESCOLAR%20F...

PROGRAMA "APRENDEMOS EN CASA" DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN E RTVE

O Ministerio de Educación e FP e RTVE lanzan "Aprendemos en casa", para facilitar a aprendizaxe de todo o alumnado durante a suspensión das clases presenciais. 

Pódese consultar toda a información no seguinte enlace: 

http://www.educacionyfp.gob.es/prensa/actualidad/2020/03/20200321-mefprtve.html

 

Distribuir contido