DÍAS PARA O INICIO DO CURSO 2022-23

DÍAS PARA O INICIO DO CURSO 2022-23

Xoves, 8 de setembro:

Inicio das clases en Ed. Primaria e Ed. Infantil.

 Entradas ao centro:

 A entrada do alumnado ao centro realizarase do seguinte xeito:

A) Alumnado transportado:

 Accederá polo portalón principal de acceso ao centro (avenida do Recinto Feiral).

B) Alumnado non transportado:

 Accederá polo portal situado preto das instalacións da gardería “Galiña Azul (rúa da Estación). Este portal abrirase ás 8:45 horas. O alumnado de Ed. Infantil das aulas 1,4,5 e 6 entrarán pola porta a carón do edificio de Ed. Infantil.

 Saídas do centro:

A saída do alumnado farase como segue:

 A) O alumnado, que saia ás 13:55 horas, farao polo portalón principal de acceso ao centro, agás o alumnado dos grupos 1,4,5 e 6 de ed. infantil que o farán pola porta de infantil.

 B) O alumnado,  non transportado no autobús escolar, que saia ás 14:50 horas, sairá polo portal situado preto das instalacións da gardería “Galiña Azul.

 

 No seguinte enlace poderán acceder a unha importante información sobre o inicio de curso.

Enlace: https://www.dropbox.com/s/g54r880opqo9jgc/Informacion_familias1.pdf?dl=0