Educación Infantil |
O día 23 e 24 de novembro, levamos a cabo unha saída ao Museo do Campo, situado no recinto feiral da Semana Verde en Silleda. Visitamos as súas instalacións, pasando polas diferentes salas, nas que se fai alusión a diferentes actividades relacionadas coa agricultura e gandería, en Galicia, ao longo do tempo, podendo deste xeito integrar esta actividade dentro das propostas para dar resposta aos obxectivos do Proxecto Documental do Centro, e ao Programa de Mestres Gandeiros, dentro do Plan Proxecta. Ademais da visita, como colofón final desta saída, realizamos un obradoiro de debullado de millo, unha das actividades propostas polo persoal encargado do museo, xunto con outra que se levará a cabo no segundo trimestre, a unha granxa, na que os cativ@s poderán ver de primeira man o funcionamento da mesma. |
|||
O 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller e, no noso centro, o alumnado de infantil realizou ilustracións sobre as mulleres máis importantes da súa vida. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.
|
|||
OBRA DE TEATRO EN EDUCACIÓN INFANTIL Este ano polo nadal os alumnos de educación infantil da profe Susana e a profe Marga fixeron unha obra de teatro titulada "Papá Noel está enfermo". Se picades no seguinte enlace podedes vela https://drive.google.com/file/d/1yabC9f7AJzKgxtGzKCpw01Q56g3AXZyI/view?u...
|
|||
Aquí podedes ver o vídeo da Graduación do alumnado de Educación infantil. GRADUACIÓN E. INFANTIL
|
|||
O alumnado de Educación Infantil disfrutou dunha xornada de festa coas familias para celebrar o Día da Familia. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:
|
|||
O alumnado dos grupos 2 e 3 de Educación Infantil realizaron unha actividade para celebrar o ano novo chino. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos: |
|||
Os alumn@s de Educación Infantil do grupo 1 e 6 experimentan facendo vermes de espuma. VERMES DE ESPUMA
|
|||
Os grupos 4 e 5 de Educación Infantil realizaron unha saída a unha residencia da terceira idade. Para poder ver as fotos premede na seguinte ligazón:
|
|||
O alumnado de EI celebrou este día no centro e saíu por Silleda a cantar os maios. A continuación o vídeo da actividade:
|
|||
O alumnado de Educación Infantil do centro plantou patacas, fabas e cabazas. Preme na ligazón para ver as fotos: |
|||
Preme na seguinte ligazón para pasar un bo rato e aprender as cores e números con Pocoyó e os seus amiguiños! Para continuar coa diversión, preme aquí e descubre todos os xogos educativos de Pocoyó |
|||
Ás nenas e nenos de Educación Infantil encántanlle os contos:
|
|||