Día do Libro |
O pasado 23 de Abril, conmemorouse no centro o "Día do libro". Para tal fin leváronse a cabo diversas actividades, entre elas as que se expoñen a continuación. - BIBLIOPATIO: Na hora do recreo, os nen@s puideron desfrutar da lectura ao aire libre.
- O NOSO LIBRO PREFERIDO: Os rapaces e rapazas, explicaron e expuxeron cal é o seu libro favorito.
- RAZÓNS PARA LER: Os rapaces e rapazas de Educación Primaria que así o quixeron, acudiron a biblioteca a plasmar nunha bolboreta as razóns polas que cada un deles recomenda e anima a ler.
- APADRIÑAMENTO LECTOR: O alumnado do segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria, acudiu as aulas dos máis pequen@s a lerlles contos da biblioteca ou elaborados por eles mesmos.
Podedes ver máis imaxes desta actividade no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsilleda/galeria/thumbnails.php?album=151
|
|||
Dende o 17 ao 21 de abril, conmemorouse a Semana do Libro, tal e como se establece na orde do calendario escolar, e dende o centro leváronse a cabo diversas actividades para dar resposta a mesma, entre as que destaca a realización de tarefas de xeito individual nas aulas, o decorado de marcapáxinas e a lectura ininterrompida do libro " A volta ao mundo en 80 días" de Julio Verne, relacionadas todas elas coa temática do Proxecto Documental Integrado do centro. PREME NA IMAXE. |
|||
O pasado mes de abril, no colexio realizáronse diferentes actividades para conmemorar o DÍA DO LIBRO. O libro escollido foi o inmemorable O Principiño. O alumnado leu ou dramatizou o conto a outras clase. Ademais tivemos a sorte de contar cunha feira en homenaxe ao libro protagonista con varios exemplares. Se pinchades na imaxe poderedes ver algunhas fotos. |
|||
Para celebrar o Día do Libro os alumn@s máis maiores léronlles aos máis pequenos. Esta actividade realizouse no patio do centro, onde grandes e pequenos puideron disfrutar da lectura. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos: |
|||
Tanto o alumnado de Educación Infantil como Primaria, realizaron diferentes actividades no centro para conmemorar este día, como a lectura de libros durante o recreo no patio escolar, ou a participación dos cursos de 5º e 6º de EP nunha animación á lectura de Santillana sobre o libro co que traballaron, "Querido Hijo, Estamos en Huelga". O alumnado de Educación Infantil realizou unha actividade que consistía en buscar as portadas de diferentes contos coa axuda do robot. Premendo nas ligazóns a continuación, podedes ver as fotos das diferentes actividades, ademais dos vídeos: VÍDEO ANIMACIÓN Á LECTURA SANTILLANA 1 VÍDEO ANIMACIÓN Á LECTURA SANTILLANA 2
|
|||