O pasado 23 de Abril, conmemorouse no centro o "Día do libro". Para tal fin leváronse a cabo diversas actividades, entre elas as que se expoñen a continuación. - BIBLIOPATIO: Na hora do recreo, os nen@s puideron desfrutar da lectura ao aire libre.
- O NOSO LIBRO PREFERIDO: Os rapaces e rapazas, explicaron e expuxeron cal é o seu libro favorito.
- RAZÓNS PARA LER: Os rapaces e rapazas de Educación Primaria que así o quixeron, acudiron a biblioteca a plasmar nunha bolboreta as razóns polas que cada un deles recomenda e anima a ler.
- APADRIÑAMENTO LECTOR: O alumnado do segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria, acudiu as aulas dos máis pequen@s a lerlles contos da biblioteca ou elaborados por eles mesmos.
Podedes ver máis imaxes desta actividade no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsilleda/galeria/thumbnails.php?album=151
|
|||