Secretaría

Fondo solidario de libros de texto, axudas libros de texto e material escolar 2024/2025

Abríuse o prazo para solicitar axudas para libros e material escolar e para participar no fondo solidario de libros de texto:

  • Prazo: Dende o 21 de maio ata o 21 de xuño (este incluido).
  • Documentación: Solicitude, anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar), fotocopia do libro de familia e, en caso de separación ou divorcio, copia da sentenza xudicial ou do convenio regulador.
  • Presentación de solicitudes: Preferiblemente por vía electrónica, na aplicación informática "fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) e a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes.

Toda a información está dispoñible na Orde do 7 de maio de 2024.

Solicitude (co anexo II incluido).

Admisión de alumnado para o curso 2024-2025

De conformidade coa Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o 1 de marzo de 2023 inícianse os trámites do procedemento de admisión (modelo ED550B).

Prazo:

- Admisión alumnado: do 1 ao 20 de marzo de 2024.

Nos documentos adxuntos poderán acceder á circular informativa, aos impresos de admisión (Anexo II e Anexo II bis) á Orde de admisión, ao Decreto de admisión e ao calendario do procedemento de admisión e matrícula.

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS (alumnado 6º de Ed. Primaria)

O alumnado do CEIP Plurilingüe de Silleda que desexe formular a reserva de praza para a ESO, ten o prazo aberto.

O centro adscrito é: IES Plurilingüe Pintor Colmeiro (Silleda).

Prazo de presentación de solicitudes: desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro. As solicitudes poden tramitarase a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.

As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ou a través da aplicación admisionalumnado no menú:
Solicitudes > Reserva > Crear

Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalleprocedemento?codtram=ED550A), para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.

Nos seguintes documentos adxuntos poderán acceder aos modelos de solicitude.

Distribuir contido