Actividades |
O pasado 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares no centro, e que mellor maneira de facelo que dando a coñecer o novo Proxecto Documental Integrado "MOVEMENTOS ARTÍSTICOS", que se desenvlverá ao longo do deste curso escolar, o cal une a paixón pola lectura coa creatividade e a arte. Cada aula sumouse a esta iniciativa e decorou a porta da súa clase inspirándose no movemento artístico que se lle asignou. O resultado foi espectacular e os corredores do colexio agora vense cheos de cor, imaxinación e creatividade.
|
|||
O pasado 23 de Abril, conmemorouse no centro o "Día do libro". Para tal fin leváronse a cabo diversas actividades, entre elas as que se expoñen a continuación. - BIBLIOPATIO: Na hora do recreo, os nen@s puideron desfrutar da lectura ao aire libre.
- O NOSO LIBRO PREFERIDO: Os rapaces e rapazas, explicaron e expuxeron cal é o seu libro favorito.
- RAZÓNS PARA LER: Os rapaces e rapazas de Educación Primaria que así o quixeron, acudiron a biblioteca a plasmar nunha bolboreta as razóns polas que cada un deles recomenda e anima a ler.
- APADRIÑAMENTO LECTOR: O alumnado do segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria, acudiu as aulas dos máis pequen@s a lerlles contos da biblioteca ou elaborados por eles mesmos.
Podedes ver máis imaxes desta actividade no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsilleda/galeria/thumbnails.php?album=151
|
|||
|
|||
Empregando SCRATCH os nen@s crearon as súas propias historias, programando as accións a realizar por este gato e os seus amigos, así os diferentes protagonistas viviron diferentes aventuras, uns viaxaron ao espacio, outros ao fondo do mar e algúns ata a sabana. A través do dominio de SCRATCH @s pequen@s desenvolven o pensamento lóxico, estimulan o fundamento da programación, fomentan a creatividade e o traballo en equipo e estimulan a persistencia contra os desafíos.
TOCA NO GATO PARA PODER VISUALIZAR O TRABALLO DOS PEQUECH@S DE EDUCACIÓN INFANTIL. |
|||
A continuación establécense as recomendacións lectoras para este Nadal nun documento adxunto.
|
|||
O alumnado dos grupos 1, 4, 5 e 6 seguen a coñecer os servizos cos que conta Silleda, a súa localidade,como parte do PDI do centro "Galicia", sendo outro de eles a biblioteca municipal “Daniel Castelao”. Onte desprazáronse ata a mesma, para coñecer as súas instalacións e posteriormente desfrutar da actividade proposta dende este espazo, a cal lle dou forma Raquel Queizás, contadora de contos e actriz. Unha vez rematada a función, na sala infantil, fíxose entrega do carnet de soci@ aos cativ@s.
|
|||
O venres 15, levouse a cabo na Praza Juan Salgueiro de Silleda, unha nova edición da Feira da Alegría, organizada polo noso centro. Nos diferentes postos, había produtos á venda elaborados polo propio alumnado e na maioría dos casos, a temática ía relacionada co Proxecto Documental do Centro "Galicia". A recaudación conseguida irá para a asociación Aúpa Deza. Podedes ver algunhas das imaxes da xornada premendo na palabra |
|||
O día 24 de novembro, celebramos na escola o “Día Internacional Contra a Violencia de Xénero”, e en tódalas aulas se traballou sobre o conto “ Peúgo, o calcetín melenudo”, ao que lle deron voz, dúas mestras do centro. Así, tamén se fixo uso de actividades interactivas, para traballar a comprensión e o recoñecemento de imaxes do conto, ás que podedes acceder dende as vosas casas nos seguintes enlaces:
É para rematar a celebración deste día os nen@s que o desexaron, participaron nun obradoiro, proposto dende a biblioteca do centro, de creación e elaboración do seu propio Peúgo, partindo dun calcetín e da súa propia imaxinación, e que á vez nos permite comezar a dar forma ao recén implementado nos centros "Polos creativos".
Podedes ver como foi o proceso de elaboración, premendo na seguinte imaxe.
|
|||
O día 23 e 24 de novembro, levamos a cabo unha saída ao Museo do Campo, situado no recinto feiral da Semana Verde en Silleda. Visitamos as súas instalacións, pasando polas diferentes salas, nas que se fai alusión a diferentes actividades relacionadas coa agricultura e gandería, en Galicia, ao longo do tempo, podendo deste xeito integrar esta actividade dentro das propostas para dar resposta aos obxectivos do Proxecto Documental do Centro, e ao Programa de Mestres Gandeiros, dentro do Plan Proxecta. Ademais da visita, como colofón final desta saída, realizamos un obradoiro de debullado de millo, unha das actividades propostas polo persoal encargado do museo, xunto con outra que se levará a cabo no segundo trimestre, a unha granxa, na que os cativ@s poderán ver de primeira man o funcionamento da mesma. |
|||
Durante a semana previa, a celebración do Samaín, levouse a cabo na biblioteca do centro, un obradoiro de creación de robots monstruosos, no que poideron participar tódolos nen@s. Durante o mesmo, realizaron a montaxe do circuíto eléctrico, para darlle movemento e posteriormente cada quen decorouno ao seu gusto. Unha de moitas experiencias, neste novo Recuncho Maker. PREME NO ROBOT PARA VER O DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE.
|
|||
Co gallo do día da paz o alumnado de Primaria fixo debuxos para confeccionar dous libros co título " Good will book" que será integrado cos outros libros da biblioteca. Se queredes ver os debuxos premede nesta ligazón. |
|||
O mel en Galicia é un producto natural e fresco que se recolle dende fai centos de anos. Entre os meses de xullo a outubro, os apicultores realizan este traballo a man, artesanalmente, como se leva facendo dende fai siglos. Así, co fin de coñecer un pouquiño máis a labor do apicultor, levamos a cabo nas aulas de Educación Infantil, un obradoiro no que os nen@s tiveron a oportunidade de descubrir diferentes aspectos do proceso de elaboración do mel. Para ver a actividade de cada unha das aulas preme na imaxe que te guiará ao vídeo da sesión. AULAS 2 e 3
AULAS 1,4,5 e 6
|
|||
Seguimos con este proxecto que favorece a lectura, as habilidades orais e a exposición diante dun público. Neste mes de xaneiro houbo as seguintes conferencias na biblioteca durante o recreo: ¿Sabes qué animales están en peligro de extinción? (4ºPrimaria) | Nicomedes o Pelado (4ºPrimaria) | A contaminación (4ºPrimaria) | Brawl Star ( 4ºPrimaria) | La amistad ( 4ºPrimaria) | Coco Chanel(4º Primaria) | Harry Potter y la piedra filosofal (3ºPrimaria). Preme na seguinte ligazón para ver as fotos dos conferenciantes e os carteis: https://drive.google.com/drive/folders/1lIdmuYCJjlqd9gp9ny0i9n0Wge-0WDJf |
|||
Comezamos esta singladura no primeiro trimestre do ano 2019. Dende o Equipo de Biblioteca estamos levando a cabo un proxecto a longo prazo no que os propios alumnos son protagonistas da actividade. Coa participación das familias, alumnado e profesorado, os conferenciantes deseñan material gráfico para as súas intervencións. O tema é elixido polos alumnos e, despois de deseñar o cartel anunciando a conferencia, a biblioteca facilita as instalacións e o equipamento durante o recreo para levar a cabo a actividade. Outra modalidade para os máis inexpertos é escanear libros de lectura e comentalos co apoio da pantalla. O obxectivo final é traballar as habilidades de expresión e exposición diante do público, así como a pescuda e organización de información. No primeiro trimestre traballáronse os seguintes temas: Cabalos (6º Primaria),a goma de borrar, a luz, o lápis,os colectores (Infantil), animais domésticos (6ºPrimaria). |
|||
Despois das obras realizadas no centro, a Biblioteca está lista para o seu uso. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos: https://drive.google.com/drive/folders/1Au6jncF5iTAeq8byzYAdEKgWtqN0jYJg... |
|||
A actividade "O paraugas literario" desenvolveuse en numerosas prazas do casco urbano de Silleda. Os protagonistas desta actividade foron os alumn@s do noso centro. Os cales leron poemas, textos en prosa e interpretaron pezas teatrais. Todas aquelas persoas que quixeron puideron disfrutar desta actividade aberta a todo o público. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:
|
|||
O escritor Ramón Caride visitou o centro para falarlles ao alumnado de 5º e 6º sobre o seu libro "Ameaza na Antártida". Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos: |
|||
Para celebrar o Día do Libro os alumn@s máis maiores léronlles aos máis pequenos. Esta actividade realizouse no patio do centro, onde grandes e pequenos puideron disfrutar da lectura. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos: |
|||
O pasado 11 de abril os alumn@s de 5º e 6º de Primaria recibiron a visita da escritora Marica Campos. Ó longo do segundo trimestre leron o libro "Unha misión para Clara", escrito pola autora. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos: |
|||
Aquí vedes unha selección de debuxos baseados no corto " Los fantásticos libros voladores de mr Morris Lessmore" Para poder ver as fotos premede na seguinte ligazón |
|||