Polos creativos

A ARTE E AS TABLETS

Nos días pasados estivemos traballando na sesión de TICS os diferentes movementos artísticos empregando como recurso as tablets. Démoslle cor a diferentes obras e creamos diferentes retratos cubistas.

 

ACTIVIDADES DE SAMAÍN CON LUZ NEGRA

O alumnado de Educación Infantil levou a cabo unha actividade na que traballaron por estacións, desenvolvendo actividades propias do Samaín e ambientando o espazo con luz negra, a cal se utiliza en espazos escuros para resaltar algunas cores sobre outras, acadando efeitos sorprendentes como os que podedes ver a continuación.

O GRITO DE EDVARD MUNCH COA APLICACIÓN REMOVE BG.

Un dos obradoiros levados a cabo dende Polos Creativos e coa colaboración da biblioteca do centro centrouse no traballo da obra de Edvard Munch "El grito".

Deste xeito deuse resposta ao PDI “ Os movementos artísticos” e ao centro de interese do “Samaín”, para elo caracterizámonos, tablets nas mans e a traballar. 

Quitamos unha fotografía imitando a persoa representada no cadro e empregamos a aplicación RemoveBg para quitarlle o fondo e engadirlle o do cadro real.

PRODUCTO FINAL DO PROGRAMA POLOS CREATIVOS

Como producto final do programa Polos Creativos, elaborouse unha maqueta na que se recollen por medio de códigos QR, a gran maioría das actividades levadas a cabo para dar resposta aos obxectivos do Proxecto Documental Integrado, Galicia.

 

AS LETRAS GALEGAS EN OURENSE

Os rapaces e rapazas de 4º A, estiveron a indagar sobre os diferentes homenaxead@s ourensáns no Día das Letras Galegas, excepto Luisa Villalta, que é coruñesa. O resultado desta investigación amósase a continuación.

 

08f419f0-e454-4b26-a72d-bd9e92d08f28.jpeg   0ed9e2c5-880c-400e-a080-903ec6ffc132.jpeg   1dde0bac-7443-40df-a8d7-d45cb182e1bf.jpeg

  3b0e55bf-e397-497e-9cfb-b8abb977817b.jpeg   4d562a61-1c3b-4427-9f05-c866d74c6d5c.jpeg  

84beed43-8887-409b-878e-047def6d7909.jpeg   ba7536c1-cecf-4367-8f9b-4f1366e682fa.jpeg   c2481757-e891-4400-92c6-cc23c9aae667.jpeg

d91f50b6-0fb0-4b33-a6ae-8268221bc78e.jpeg   ddc69454-53cc-4f2a-8042-5443e90c77e1.jpeg   f4007a4f-bb75-417f-a4cd-990a8c06e7f6.jpeg

PROGRAMA DE RADIO POLO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

O alumnado do centro participou nun programa especial de radio, en colaboración con Radio Estrada, polo día das Letras Galegas, que este ano 2024, se lle adica a Luisa Villalta. 

Premede no nome da autora para escoitalo.

 

LUISA VILLALTA

ACUARIOS

Partindo dunha caixa de zapatos de cartón e despois da visita ao acuario da Coruña, os máis pequenos do cole, decidiron construir o seu propio acuario.

62833c7f-d055-4230-90b5-5796d43d6e01.jpeg

131198cc-4e24-4196-b6a7-45eaa4f10e10~2.jpeg   50f2ec3d-c226-4aca-a02d-31087e1ad912.jpeg

a07e941c-3d3f-4b7c-a8e1-778fb6a34b48~0.jpeg    b61e2606-63f8-4105-a888-53ac27b00742.jpeg

 

 

IMPRESORA 3D: LETREIROS MAQUETA

Entre as tarefas que tivemos que levar a cabo  atopámonos coa creación de letreiros para a maqueta de Galicia coa impresora 3D. Para comezar  o traballo con esta ferramenta profundizouse no seu modo de uso, formando a coordinadora ao alumnado interesado. Traballamos co programa Tinkercad e Creality para realizar o deseño dos letreiros.

IMG_7321~0.jpeg    IMG_7322.jpeg

 

IMG_7323.jpeg

PRODUCTO FINAL: A MAQUETA

O noso producto final empeza a tomar forma. Así, esta maqueta recolle o traballo anual que se levou a cabo no centro relacionado co Proxecto Documental Integrado, e para o que no seu desenvolvemento tivo certa relevancia este curso os Polos Creativos, traballando da man todas as coordinacións do centro, para así poder chegar a un obxectivo común : coñecer a nosa comunidade.

IMG_7317.jpeg

IMG_7319.jpeg

IMG_7320.jpeg

Pero, para dar forma a este traballo, temos que facer un recollecemento a todo o alumnado e profesorado que se prestou a participar en tal fin. Posto que para ir chegando a esto, pasamos por diferentes fases de traballo coma por exemplo, o emprego de lápices 3D para elaborar as frechas, ou os nomes das provincias,

IMG_4128.jpeg

 

 

 

A CULTURA CASTREXA EN GALICIA

Os rapaces e rapazas de 6º de Educación Primaria, estiveron a indagar sobre a cultura castrexa en Galicia. Unha vez que completaron a fase de indagación, levaron a cabo unha saída ao museo de Castro Deza en Lalín, onde interiorizaron determinadas estratexias que lle permitisen crear eles e elas o seu propio poboado castrexo, un traballo colaborativo, que complementaron coa creación do vídeo que se presenta a continuación.

Preme na seguinte palabra para visionalo.

CASTRO

PAXARIÑOS, AVES DO LITORAL GALEGO

En relación coa temática de Galicia, estívose a traballar sobre as aves do litoral galego.

Unha das actividades que levaron a cabo foi a realización duns paxariños reutilizando rolos de papel hixiénico.

 

Comprobade que bonitos lles quedaron!

ELABORACIÓN DE MINIMUNDOS GANDERÍA GALEGA

 En relación co programa “Mestres gandeiros”,temática vinculada ao PDI do centro, os pequen@s do grupo 6 crearon un precioso minimundo relacionado coa granxa. Así, partindo dunha caixa grande, crearon o mesmo.

O mellor non é o bonito que é, senón o moito que disfrutan xogando con el.

 

 

 

 

 

PRODUCTOS DA HORTA EN 3D

En Galicia a horta de pequena extensión recibe tamén o nome de horto. Este ano no centro, puxemos mans a obra, e configuramos un, ao abeiro do programa "Mestres Gandeiros". Os cativ@s puideron coñecer aspectos referentes a esta temática, como cales adoitan ser os principais cultivos dos hortos e que podemos resumir en catro: hortalizas, verduras, legumes e, as veces, árbores froiteiras. Tendo en conta todo isto decidimos, reproducir en 3D, empregando o lapis 3D, algunha das prantadas, como por exemplo os tomates ou as cebolas.

1b1a5935-3c82-43fe-bece-1010367a5ca9.jpeg

IMG_7227.jpeg

IMG_7225~0.jpeg   IMG_7226~0.jpeg

f3611869-9749-4855-a197-94b6b39d75c1.jpeg

 

OBRADOIRO DE CHAPAS NA BIBLIOTECA POLO 8M

O día 8 de marzo, levouse a cabo na biblioteca do centro un obradoiro de chapas, no cal os maiores, guiaron a labor dos máis cativos en moitos dos casos.

IMG_3459.jpeg  IMG_3462.jpeg 

IMG_3465.jpeg   IMG_3470.jpeg

IMG_3466.jpeg   

IMG_3727.jpeg   IMG_3729.jpeg   IMG_3732.jpeg

 

LITORAL GALEGO A TRAVÉS DA REALIDADE VIRTUAL

Deténdonos no estudo do litoral galego, empregamos as gafas de realidade virtual, para visualizar determinados aspectos do mesmo, baixo a sensación de estar inmerso nel, creando experiencias en primeira persoa, accesibles orixinariamente a través da experiencia directa co mundo real.

c708b475-53ee-4cef-8700-f757aeb73058.jpeg  ce9707a2-3bc6-41f5-a773-1147a2371e0d.jpeg

e35d24d5-b34a-49d0-8569-a2d91dd0e8b2.jpeg

DISFRACES DE ENTROIDO

Este curso, seguindo coa temática do Proxecto Documental Integrado, Galicia, o festival de entroido tivo como temática central o entroido galego. Para elo cada nivel, elaborou os seus propios disfraces, en moitos dos casos en colaboración coas familias, establecendo obradoiros nos que se foi confeccionando cada un dos traxes. Foron moitas as tarefas a realizar: uns coseron, outros deseñaron patróns, compuxeron máscaras...entre outras, e para algunhas precisamos materiais propios dos Polos creativos, como as pistolas de silicona, a máquina de chapas, a plotter de corte, a máquina de coser..., sendo o resultado o que a continuación se presenta.

EDUCACIÓN INFANTIL: XENERAIS DA ULLA

3B6E048A-1EB6-419F-A8E5-3B8FE69D7FD2.jpeg

1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA: VOLANTES DE CHANTADA.

98186738-DDC1-4686-AE8F-C76AC7364A35.jpeg

2ºCICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA: PANTALLAS , PELIQUEIROS E MÁZCARAS DE MANZANEDA.

E6FD168F-0650-4273-A6A7-749111BCBA17.jpeg

1FCD84AF-C663-432E-8BC9-826728BEDC25.jpeg

5C3405A6-15E2-421C-A01A-6BA6627E4D41.jpeg

3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA: LORO RABACHOL DE PONTEVEDRA E O HOME DOS CORNOS DE MERZA.

303B32B4-3548-4674-9C5B-4413F19B1AFD.jpeg

9F78D100-14E6-4231-8D40-A57A9C2E5A74.jpeg

 

BLUE BOT NO ENTROIDO

No entroido estivemos a traballar con outro robot diferente aos anteriores o Blue Bot, cuio funcionamento e moi similar ao BeeBot,  aínda que conta con máis funcionalidades, permitindo controlar o mesmo dende a tableta.

 IMG_9387.jpeg   IMG_9388.jpeg

  
IMG_9831.jpeg

ROBÓTICA BEEBOT

Durante unha sesión os nen@s puideron desfrutar traballando con un novo amigo, o robot Bee Bot.

A través desta actividade, os pequen@s avanzan en nocións de direccionalidade, conteo, relacións número-cantidade, vocabulario do día a día, orientación espacial… por medio do xogo.

 

Ainda que ao principio nos resultaba un pouco complexo, ágora xa comezamos a ser expertos.

 

SCORNABOT: A vendima

 Na sesión semanal que temos de robótica, levamos a cabo a presentación dun novo robot: O ESCORNABOT

 

A través do xogo, con este recurso, traballamos entre outros aspectos a direccionalidade, a orientación espacial, a lateralidade, a resolución de problemas, a lectura de códigos QR e como non, todo o referente as fases da vendima, coñecendo vocabulario propio deste centro de interese.

 

 

 

 

ROBÓTICA: Ozobot e Rosalía de Castro

Para traballar a figura de Rosalía de Castro, dende a sesiòn semanal de robòtica, e aproveitando que estamos a coñecer un novo robot, “o robot máis pequeno do mundo” como os cativos afirman, pero que en realidade recibe o nome de Ozobot, recorremos o seu nome e a silueta da cara da protagonista, tendo en conta os còdigos de configuraciòn de Ozobot. Xa sabemos que sò camiña por liñas verdes, azuis, negras e vermellas, e que o misturalas o robot realiza diferentes acciòns. A continuación preséntanse as actividades desta xornada, ainda que en vindeiras publicaciòns veremos outras posibilidades de Ozobot.

 

 

 

Distribuir contido