Samaín |
Aproveitando que o Proxecto Documental Integrado do centro, este ano, ten como centro de interese "Galicia", e posto que nos atopamos na celebración do Samaín, os nen@s do centro de Educación infantil e Primaria, traballaron a figura dun personaxe dunha lenda galega como é Vákner, home lobo, que aterraba aos peregrinos do Camiño de Santiago. Así pois, os pequen@s de Educación Infantil, elaboraron un vídeo explicativo, facendo alusión a determinados aspectos desta figura, namentres que os rapaces e rapazas da Educación Primaria, dende 1º ata 6º, inventaron un conto, cuio argumento xira ao arredor deste ser mitolóxico. Premendo en cada unha das etapas educativas accederás ao traballo executado.
|
|||
O día 31 de outubro, celebramos na escola o Samaín, levando a cabo diferentes actividades que a continuación se presentan nun vídeo resumo desta xornada. Durante a mesma, os cativ@s gozaron desta festividade disfrazándose, realizando conxuros, elaborando sombreiros terroríficos en colaboración coas familias para ambientar os corredores do centro, levando a cabo desfiles e bailes, ou mesmo, facendo, diferentes manualidades de elementos propios desta data. Preme no sombreiro para comprobar de primeira man o acontecido. |
|||
|
|||
|
|||
No día de hoxe celebramos o Samaín con distintas actividades terriblemente emocionantes coma un conxuro e a visita da Santa Compaña.
|
|||
Para celebrar o Samain os corredores do colexio enchéronse de vasoiras terroríficas e tamén fixemos un conxuro que asustou a máis de un...Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos: https://drive.google.com/drive/folders/1hSqOsAFFC_PgE6iqpqrQqNZZQHNdW8s2...
|
|||
Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos da celebración do Samaín no centro. |
|||
Para a celebración do Samaín no centro, entre outras actividades, realizouse un conxuro terrorífico. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos.
|
|||
Dende o cole desexámosvos un bo Samaín/Halloween! Aquí tendes dous Doodle de Google: o primeiro, un vídeo moi divertido, e o segundo, un xogo aínda mais divertido! Preme neles para pasalo de medo:
|
|||
No noso cole xa temos decorada a aula do terror e as cabazas que dan moito medo. Tamén fixemos un conxuro terrorífico. Preme na ligazón para ver as imaxes:
|
|||
Recomendamos os seguintes vídeos con temática de Samaín (Halloween), para que o disfruten dende os mais peques ata os maiores!
|
|||
Esta semana comezamos a traballar Halloween/Samaín na escola con actividades tan chulas coma terroríficas! |
|||
En tódalas aulas comeza a preparación para o Samaín. Os máis pequenos están a pintar unhas follas para decorar a árbore tenebrosa que presidirá o hall de infantil.
|
|||
Os máis pequenos levaron unha pequena sorpresa días antes do Samaín cando no patio desenterraron unha momia que semellaba ter unha morea de séculos. Houbo de todo: risas, bágoas, berros, estupor...pero todos, de lonxe ou de preto, querían ver a nosa momia.
|
|||
|
|||
XA TEMOS AS FOTOS DO
SAMAÍN NA GALERÍA
BUSCADEAS NA CARPETA
SAMAÍN 2015. |
|||
|
|||
|
|||
Hoxe celebramos o Samaín no colexio, a sala que empregamos normalmente para a exposición de cabazas quedóusenos pequena e tivemos que improvisar outros lugares onde amosar estas marabillas. Queremos agradecer as familias a vosa colaboración nesta exposición, a verdade é que os nenos o tiveron difícil para decantarse pola máis terrorífica, a máis divertida, a máis estrambótica e a máis orixinal. Todas estaban insuperables. Mañá de 9:15 a 11:15 as familias teredes a oportunidade de visitar as exposicións situadas no vestíbulo do edificio de infantil, na ludoteca e nas escaleiras do primeiro andar. Despois tocará recoller ata o ano que vén, unha mágoa que non duren máis tempo.
Para os que non vos poidades achegar a esa hora vos deixámosvos unha pequena mostra gráfica do Samaín 2014 do Ceip de Silleda. Nos vindeiros días colgaremos máis.
|
|||
|
|||