Día Mundial da Paz |
O 30 de xaneiro o alumnado do centro cantou no patio do colexio "Eu quero ter un millón de amigos". Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos: https://drive.google.com/drive/folders/1CQE_JWsjziRmC15j9Y59clAITHVJtSPc... |
|||
Murais e actividades realizadas para conmemorar o día da Paz. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:
|
|||
Con motivo da celebración do Día da Paz e non Violencia representouse, no patio do centro, a canción "Campás pola paz", en linguaxe de signos. A continuación, fíxose unha carreira solidaria. Co diñeiro que aportaron os patrocinadores , de todos os participantes, recadáronse un total de 735,53 euros. Este diñeiro destínase ó proxecto "Vacación en paz", que permite que todos os veráns veñan á Galicia nenos e nenas procedentes do Sahara. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos: DÍA DA PAZ. CARREIRA SOLIDARIA
|
|||
O martes, dentro das actividades de celebración do Día da Paz, recibimos a visita dun saharui. Todo alumnado de primaria asistiu á charla, na que puideron aprender diferentes aspectos sobre a vida nese país. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos: CHARLA DUN SAHARAUI (VACACIÓNS EN PAZ)
|
|||
Con motivo da conmemoración do Día da Paz e non Violencia lévanse a cabo diferentes actividades no centro. Unha delas trátase da visualización e explicación do conto "Los Superniños", por parte da mestra Raquel. Dende Primaria ata a Infantil, puideron aprender con este conto, que a paz comeza dentro de todos nós. E as discapacidades, nestes supernenos son unha forma de superación que os fan ter grandes poderes. Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:
|
|||
|
|||
Na carreira solidaria realizada no centro, recadáronse un total de 681'66 euros para o programa "Vacacións en Paz", destinado ao pobo saharaui.
A directora do centro facéndolle entrega dos cartos recadados na carreira solidaria ao representante da ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Pablo Romeo. |
|||
O alumnado do centro participou no Día Mundial da Paz nunha carreira solidaria destinada a recadar fondos para colaborar no programa "Vacacións en Paz", destinado ao pobo saharaui. Podedes atopar as fotos na galería de imaxes, premendo nesta ligazón: |
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||
|
|||